Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  Psicoloxía Clínica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B5 B7 C1 C2 C3 C4 Avaliarase a capacidade de síntese e a valoración crítica do tema estudado, ademais do contido e formato do traballo, e a súa exposición oral. A cualificación do traballo tutelado contribuirá ao 40% da cualificación total da materia. 40
Proba de resposta múltiple A1 A2 B1 B3 B5 B7 C4 Proba de tipo test composta por 40 preguntas con 4 opcións de resposta sendo só unha resposta correcta. Cada pregunta que se responda mal restará 0,25 puntos, non restando as respostas en branco. Fórmula: (A-(E*0,25))*10/40. Esta cualificación contribuirá ao 40% da nota total da materia. 40
Obradoiro A1 A2 B1 B3 B5 B7 C1 C2 C3 C4 Avaliarase a participación activa e con aproveitamento, a capacidade de resolución de casos e a capacidade de traballo en equipo. Esta cualificación contribuirá ao 20% da cualificación total da materia. 20
 
Observacións avaliación

A detección de fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada e a remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou permanente do/a alumno/a do título cursado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes