Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Mestrado
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 C1 C2 Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado, a presentación pública e as respostas ás preguntas do tribunal. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. O acto de lectura e defensa terá lugar en sesión pública durante o período lectivo do curso académico e será convocado polo/a presidente/a do tribunal e feito público nos taboleiros do Centro. Terminada a defensa do Traballo cada membro do tribunal formulará por escrito unha valoración sobre o mesmo, de acordo ás competencias alcanzadas e definidas, tanto genéricas como transversales, no título.
De acordo co artigo 5 do RD 1125/2003, o tribunal outorgará unha cualificación cuantitativa e outra cualitativa que recollerán a cualificación de "suspenso" (de 0 a 4,9), "aprobado" (de 5 a 6,9), "notable" (de 7 a 8,9) ou "sobresaínte" (de 9 a 10).
O tribunal poderá outorgar a cualificación de "matrícula de honor" se a cualificación global é de sobresaínte e emitise, en tal sentido, o voto favorable de todos os seus membros, tendo en conta a normativa de cada Universidade neste sentido.
50
Análise de fontes documentais A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado en formato escrito. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. 25
Presentación oral A11 C1 C2 O estudante deberá expoñer o Traballo e defendelo ante un tribunal que será nomeado pola Comisión Académica do Mestrado. Devandito tribunal estará formado por tres profesores/doutores do equipo docente do título 25
 
Observacións avaliación

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado cursado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes