Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Subjects
  Practicum (External practicum)
   Methodologies
Methodologies Description
Summary Memoria/Resumodas actividades realizadas dentro do practicum polo alumno. Ditas actividades poderán ser en centros sociosanitarios, en investigación ou convalidadas por actividade asistencial con contrato vixente no periodo de realización das prácticas.
Clinical practice placement Prácticas Clínicas e/ou Sociais: Realizadas en centros socio-sanitarios de atención a persoas maiores. Cada ano o Máster Universitario en Xerontoloxía concertará con diferentes institucións a realización de actividades prácticas por parte dos seus alumnos. Ditas prácticas poderán ser do ámbito clínico, social ou sociosanitario.

En todo caso, o/a alumno/a poderá optar por tres opcións:

a) Prácticas externas (15 ECTS) incluída memoria de actividades nos centros ofertados
b) Prácticas externas (15 ECTS), incluída memoria de actividades fora dos centros ofertados. En cuxo caso, xunto coa solicitude, deberá presentar folla de aceptación do Centro asinada polo Director/Xerente e Programa de actividades a realizar asinada polo profesional que titorizará.
c) Recoñecemento das prácticas pola actividade laboral desenvolvida (13,5 ECTS) sendo imprescindible realizar (1,5 ECTS) memoria de actividades. Neste caso, a cualificación máxima será de 5 sobre 10, tendo en conta que é obrigatorio entregar a memoria de actividades; ademais, xunto coa folla de selección deberá presentar: Instancia de solicitude dirixida ao Presidente da Comisión Académica, acompañada dunha carta do Director da Entidade para a que traballa, así como os datos referidos ao traballo que realiza e a duración do contrato que deberá estar vixente no período do Practicum (Se axuntará copia do mesmo).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes