Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  O proxecto de investigación en Xerontoloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) O proxecto de investigación en Xerontoloxía Código 653491016
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Profesorado
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Correo electrónico
ana.maseda@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
Descrición xeral Esta materia abordará a metodoloxía necesaria para desenvolver proxectos de I+D+i para a procura de financiamento público e/ou privado a nivel rexional, estatal ou internacional para a realización de investigación. Farase fincapé nos termos a coñecer para a petición de axudas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Presentación oral - Traballos tutelados *Metodoloxías docentes que se modifican As clases maxistrais pasarán a darse de forma virtual a través da plataforma de Microsoft Teams. As presentacións orais por parte dos alumnos faranse tamén a través de Teams. A atención personalizada para a titorización dos traballos tutelados farase mediante Microsoft Teams, Moodle e por correo electrónico. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos temas” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal en grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 1 sesión mensual (ou mais segundo o demande o alumnado), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. - En caso de que o alumnado teña problemas de conexión a internet poderase utilizar a vía telefónica. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as porcentaxes da avaliación, especificadas na guía docente, realizando a presentación oral do traballo tutelado por parte do alumnado mediante Microsoft Teams. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que se realizarán respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial e a partir de aí considerarase a asistencia ás clases virtuais no horario establecido previamente co alumnado. - En caso de ser preciso, a oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a 1ª oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes