Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado.
GREEN CAMPUS:
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do III Plan de Sustentabilidade Medio- Ambiental Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia:
a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
b.- De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a realización de borradores.