Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Study programme competences


TypeA Code  
  Job guided
  AJ1 Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido.
  AJ2 Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico.
  AJ3 Saber diagnosticar os problemas sociais e/o sociosanitarios que inciden na persoa maior e poñer en marcha as medidas axeitadas a fin de conseguir o maior estado de benestar para el e o seu entorno.
  AJ4 Estar en condicións de dirixir calquera recurso xerontolóxico.
  Research guided
  AR1 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
  AR2 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
  AR3 Ter os coñecementos suficientes para incorporarse como investigador en actividades de I+D+i.
  AR4 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
  AR5 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
  Compound
  AC1 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
  AC2 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
TypeB Code  
  Job guided
  BJ1 Estar en disposición de integrarse en equipos de Saúde, centros xerontolóxicos e entidades que prestan servizos dirixidos as persoas maiores.
  BJ2 Estar en disposición de incorporarse como profesional aos equipos de valoración e intervención creados no marco da denominada “Lei da dependencia”.
  BJ3 Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Clínica de acordo á especialidade desenvolvida.
  BJ4 Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Social de acordo á especialidade desenvolvida.
  Research guided
  BR1 Ser capaz de aplicar o método científico.
  BR2 Ser capaz de incorporarse a calquera equipo de I+D+i.
  Compound
  BC1 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes