Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Preparación dun Proxecto de Investigación II: Desenvolvemento e Comunicación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C3 C6 C8 Elaboración de un borrador de un protocolo de investigación clínica 60
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B4 C1 C6 O alumno ao finalizar o curso debe realizar un exame de preguntas cortas ou tipo test, e/ou problemas de cálculos dos contidos explicados durante o curso 40
 
Observacións avaliación

A avaliación da asignatura constará de dúas partes diferenciadas:


- O 60% da calificación corresponderá á avaliación continua, e asociarase á elaboración dunha proposta de investigación, relacionada co perfil profesional do/a alumno/a, que se concretará na elaboración do borrador dun proxecto de investigación.


- O 40% da calificación corresponderá á nota acadada nunha proba obxectiva, realizada na data que oficialmente estableza a coordinación do máster, que constará de preguntas tipo test relacionadas cos contidos que se desenvolvan ó longo do curso.

REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

- Ter entregado tanto o borrador do proxecto de investigación como terse presentado á proba obxectiva

- Obter unha puntuación do 50% da calificación máxima correspondente á elaboración dunha proposta de investigación e do 40% da calificación máxima na proba obxectiva.

- Entregar a proposta de investigación nos prazos que se indiquen 

NON PRESENTADO: Obterá a calificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non participe en algunha das actividades/metodoloxías de avaliación propostas.

MATRICULA DE HONRA: Poderán optar á calificación de Matrícula de Honra aqueles/as alumnos/as coas calificacións máis elevadas que obteñan unha nota final por encima de 9 

ALUMNOS DE 2ª OPORTUNIDADE:

O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para alumnos de 1ª oportunidade.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumplir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes