Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Economía da Saúde e Xestión Sociosanitaria Código 653862208
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Casal Rodríguez, Bruno
Correo electrónico
bruno.casal@udc.es
Profesorado
Casal Rodríguez, Bruno
Correo electrónico
bruno.casal@udc.es
Web http://www.brunocasalblog.wordpress.com
Descrición xeral O obxectivo principal da asignatura é o de aportar os conceptos e as ferramentas básicas para desenvolver avaliacións económicas de tratamentos e tecnoloxías sanitarias. A asignatura introdúcese cun bloque de coñecementos relativos aos fundamentos básicos da economía da saúde como disciplina. A relación entre saúde e economía a través de resultados de saúde, dos determinantes da saúde das poboacións, e dos indicadores económicos —como o PIB ou o Gasto Sanitario— é outro dos contidos deste primeiro bloque. Un segundo bloque de contidos adícase ao estudo dos custes da enfermidade e das metodoloxías máis utilizadas na actualidade para a súa cuantificación e valoración económica. Nun terceiro bloque introdúcense as medidas de resultado dos tratamentos sanitarios, facendo especial fincapé nas medidas de calidade de vida relacionada coa saúde. O programa da materia remata cun bloque de contidos adicado ao estudo dos métodos de avaliación económica maís utilizados para a toma de decisións de financiación, e para o establecemento de prioridades entre alternativas terapéuticas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes