Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Termalismo e Balneoterapia
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Termalismo e Balneoterapia Código 653862213
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Profesorado
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral Nesta materia se estudiarán as aplicacións da auga desde o punto de vista preventivo e terapéutico poñendo especial énfase no seu uso nos balnearios
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Recensión bibliográfica Traballo tutelado Presentación oral Seminario *Metodoloxías docentes que se modifican Saída de campo (non se realizará. e as avaliacións destes coñecementos se incorporan á metodoloxía dos traballos tutelados) O resto das metodoloxías non se modifican, e as metodoloxías programadas previamente de maneira presencial pasan a formato virtual mediante Teams e Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente (de luns a venres). Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de "foros temáticos" asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai "foros de actividade específica" para desenvolver as "Discusións dirixidas" a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. - Teams: 1 sesión en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Se modifica a avaliación da saída de campo incorporándoa á dos traballos tutelados. *Observacións de avaliación: Manteranse as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes