Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Asignaturas
  Investigación Clínica I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C3 C6 Controis escritos, exercicios entregados, participación na aula virtual 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C3 C6 C8 Traballo final onde se reflicte o dominio teórico-metodolóxico da materia e/ou exame final 30
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B4 C1 C2 C3 C6 C7 Exame escrito e presencial 40
 
Observacións avaliación
O
sistema de avaliación do Bloque I (tres primeiros temas da materia) en calquera
das dúas oportunidades constará de dúas partes:
  • Unha parte de avaliación continua, cun peso do 60%, que será repartido do seguinte modo: o 50% desta cualificación obterase dunha serie de cuestionarios e/ou exercicios entregados, e o 50% restante dun traballo consistente na resolución dun caso práctico. O devandito traballo pode ser realizado de forma individual ou en grupos de dous ou tres membros. 
  • Unha proba obxectiva, realizada de forma online na data que oficialmente estableza a ccordinación do mestrado, que constará de preguntas de resposta breve ou tipo test sobre os contidos teóricos e de interpretación de resultados procedentes do software empregado ao longo do curso. 

A puntuación máxima total deste primeiro bloque será de 5 puntos.


O
sistema de avaliación do Bloque II (dous últimos temas da materia), en calquera
das dúas oportunidades, constará de dúas partes:

  • Unha parte de avaliación continua, cun peso do 60%, que se obterá da cualificación de unha serie de exercicios prácticos propostos, relacionados cos contidos deste bloque, que deberán ser realizados de forma individual e entregados a través da plataforma Moodle.
  • Unha proba obxectiva, cun peso do 40%, realizada de forma online na data que oficialmente
    estableza a coordinación do mestrado, que constará de preguntas de
    resposta breve ou tipo test e/ou exercicios prácticos sobre os contidos explicados ao longo do curso.
A puntuación máxima total deste segundo bloque será de 5 puntos.

A superación da asignatura requerirá aprobar, de xeito independiente, cada un dos Bloques dos que consta a materia.

Para obter a calificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a non
poderá ter participado en ninguna das actividades/metodoloxías
propostas.

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes