Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2012)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Investigador
  AI1 Capacidade para elixir e aplicar as metodoloxías de investigación mais adecuadas á investigación proposta.
  AI2 Capacidade para o deseño experimental e o completo desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito sanitario, desde a formulación da hipótese de investigación ata a comunicación dos resultados.
  AI3 Adquirir un sentido ético da investigación sanitaria.
  AI4 Obter un substrato teórico suficiente para comprender o entorno clínico de aplicación das técnicas de investigación.
  AI5 Adquirir o coñecemento da realidade investigadora nun ámbito concreto das ciencias da saúde.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Capacidade para aplicar o método científico na planificación e o desenvolvemento da investigación sanitaria.
  BM2 Fluidez e propiedade na comunicación científica oral e escrita.
  BM3 Compromiso pola calidade do desenvolvemento da actividade investigadora.
  BM4 Capacidade de análise e de síntese.
  BM5 Habilidade para manexar distintas fontes de información.
  BM6 Capacidade para traballar de forma colaborativa en equipos multi e interdisciplinar.
  BM7 Capacidade de establecer unha relación de empatía cos suxeitos implicados no desenvolvemento da actividade investigadora.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes