Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito enfróntase a descrición
dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido,
valorado e resolvido por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión.
O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación
real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos,
referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha
decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Supostos prácticos. Analises de datos. Apoio a través de Teams.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e
preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle
preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode
combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación,
de completar e/ou de asociación.
Proba na que se avalían os coñecementos teóricos e aplicados adquiridos polo alumno. Consta de preguntas sobre conceptos da materia e aplicacións destes a conxuntos de datos.
Apoio a través de Teams.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino / aprendizaxe
guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da
información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos
grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas
asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e o dos
outros membros do grupo.
Apoio a través de Teams.
Prácticas a través de TIC Metodoloxía que permite ao alumnado aprender de forma
efectiva, a través de actividades de carácter práctico (demostracións,
simulacións, etc.) a teoría dun ámbito de coñecemento, mediante a utilización das
tecnoloxías da información e as comunicacións. As TIC supoñen un
excelente soporte e canle para o tratamento da información e aplicación práctica
de coñecementos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte
do alumnado.
Prácticas en computador con software estatístico ( R e RCommander).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes