Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (a distancia)
 Asignaturas
  Investigación Cualitativa en Investigación Clínica
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Uso docente do inglés: será conveniente que o alumnado teña un coñecemento básico de inglés para manexar material bibliográfico e/ou ler algún texto escrito nese idioma e, sobre todo, consultar en Internet distintas páxinas relacionadas coa materia da clase. Recoméndase que os estudantes teñan un grao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2 de usuario básico, recollido no documento do Marco común europeo de referencia sobre coñecemento de idiomas (http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf)

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes