Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
 Asignaturas
  Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades Código 653862315s
Titulación
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Nieto Riveiro, Laura
Correo electrónico
laura.nieto@udc.es
Profesorado
Canosa Domínguez, Nereida María
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Rosende Celeiro, Iván de
Correo electrónico
nereida.canosa@udc.es
b.groba@udc.es
lnieto@udc.es
ivan.de.rosende.celeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende favorecer o coñecemento e a reflexión sobre a diversidade humana e o seu vínculo coa ocupación, promover o achegamento do alumnado ás múltiples diversidades, potenciar unha abordaxe holística da diversidade humana nos procesos de saúde e no desenvolvemento da actividade investigadora, e impulsar o deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación baseados na diversidade humana.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación nos contidos da materia. 2. Metodoloxías: Manteranse todas as metodoloxías definidas nesta guía docente. Unicamente pasarían a desenvolverse de maneira totalmente virtual as seguintes metodoloxías: Discusión dirixida, Investigación (Proxecto de investigación), Presentación oral e Solución de problemas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: semanalmente. Empregarase esta vía para ofrecer atención individualizada ao alumnado da materia, resolver posibles dúbidas ou consultas, programar titorías virtuais ou realizar o seguimento dos traballos solicitados. - Campus Virtual: semanalmente. Cada semana, comunicarase a través do Foro de novas información actualizada sobre a materia, e poñerase a disposición do alumnado documentación e materiais relativos aos contidos e temáticas centrais da materia. Ademais, semanalmente atenderanse as dúbidas ou consultas que faga chegar o alumnado a través dos foros ou da opción de mensaxe privada desta plataforma. - Teams: semanalmente. Cada semana, levarase a cabo 1 sesión en vivo con todo o alumnado matriculado, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. Ademais, segundo as necesidades de cada estudante, tamén se utilizará este mecanismo para realizar titorías virtuais individualizadas ou en grupo reducido, previa solicitude do alumnado interesado, ou a petición do profesorado se o estima preciso, para ofrecer seguimento e orientación no desenvolvemento dos traballos da materia. Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h., sendo programadas nun horario consensuado coas docentes, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do estudantado nas restantes materias do título nas cales estea matriculado. 4. Modificacións na avaliación: Non se realizará ningún cambio no sistema de avaliación da materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado terá á súa disposición no Campus Virtual toda a documentación e materiais bibliográficos ou audiovisuais necesarios para o desenvolvemento dos traballos solicitados. Así, facilitarase documentación elaborada polo propio equipo docente da materia, así como fontes bibliográficas e materiais adicionais cos que o estudantado poida completar os seus coñecementos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes