Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estatística
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuales e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Expoñeranse os principais conceptos estatísticos facilitando a documentación adicional e indicando a fontes bibliográficas onde o estudante poderá completar a adquisición de devanditos coñecementos.
Prácticas a través de TIC Realizaranse supostos prácticos, con datos reais, que serán analizados, en ordenador, por medio do programa estatístico R (cos paquetes necesarios para a análise de datos relacionado cos contidos desta asignatura), Epidat e Excel.

Grazas a esta metodoloxía o estudante e aplicará e poñerá en práctica os coñecementos adquiridos, facilitando a aprendizaxe e o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Proba de resposta múltiple Esta proba permitirá evaluar o grado de adquisición de coñecementos.
Seminario Con axuda do programa estatístico R (cos paquetes necesarios para a análise de datos relacionado cos contidos desta asignatura), Epidat e Excel, o estudante realizará supostos propostos polo profesor. Trátase dunha metodoloxía que permite evaluar as competencias do estudante á hora de aplicar e poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes