Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A3 A13 A26 A27 A30 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 Traballos individuais nos que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso dun paquete estatístico 25
Proba de resposta múltiple A3 A26 A27 A30 A32 A33 B2 B3 C6 Proba na que se evaluará o dominio dos conceptos estatísticos básicos. 60
Seminario A3 A13 A25 A26 A27 A30 A32 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvolvidos polos estudantes de forma individual ou en grupos e postos en común en seminarios 15
 
Observacións avaliación

Nota importante

Para superar a materia é necesario superar cada un dos cuatrimestres de xeito individual.


No caso de que non se supere algún dos cuatrimestres na primeira
oportunidade, a nota que figurará será de 4 e para a 2ª oportunidade
manterase aprobada a parte correspondente ao cuatrimestre superado.

 

Na parte correspondente ao primeiro cuatrimestre (Prof. Alejandro Quintela do Rio)


- Realización de probas durante o curso (por escrito ou por ordenador),
que evaluarán de xeito continuo ao alumnado e axudarán á cualificación
final. A xuízo do profesor, os resultados da avaliación continua poderán
dispensar dalgunha parte ou de forma completa do exame final de
cuatrimestre. (máximo 20%)


- Un exame final tipo test (por escrito ou por ordenador), (máximo do
80% para aqueles alumnos que só realicen este exame e non teñan ningunha
cualificación da parte anterior)


A cualificación obtida neste cuatrimestre liberará o mesmo, de maneira
que, quen obteña nota maior ou igual que 5, poderá facer media
aritmética coa nota que obteña da avaliación do segundo cuatrimestre.


A nota do primeiro cuatrimestre será resultado da suma de notas continuadas e o exame tipo test.


Na convocatorias finais de Xuño e Xullo, realizarase un exame tipo test
(por escrito ou por ordenador) que fará media aritmética coa
cualificación da segunda parte.

Na parte correspondente ao segundo cuatrimestre (Prof. Teresa Seoane Pillado e Prof. Javier Muñiz García)


- Avaliación continuada mediante a realización de traballos de
investigación individuais ou en grupos nos que se esixirá o dominio dos
conceptos teóricos e prácticos impartidos na matera, deberán entregarse
en tempo e forma. (máximo 30%)


- Resolución de casos e exercicios propostos polo profesor, nos que se
esixirá o dominio dos conceptos teóricos e prácticos impartidos na
matera, deberán entregarse en tempo e forma. (máximo 30%)


- Proba final da materia de segundo cuatrimestre que incluirá preguntas
tipo test de opción múltiple e/ou con resposta razoada de xeito breve
e/ou preguntas de resposta desenvolvida e/ou problemas. É imprescindible
alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 no exame para facer
promedio cos outros compoñentes da avaliación. Os alumnos con menos dun 3
no exame (independientemente da nota alcanzada na avaliación continua)
deberán realizar o exame da materia nas convocatorias oficiais (máximo
40%)


A cualificación obtida no segundo cuatrimestre liberará o mesmo, de
maneira que, quen obteña nota maior ou igual que 5, poderá facer media
aritmética coa nota que obteña da avaliación do primeiro cuatrimestre.


Nas convocatorias finais de Xuño e Xullo, realizarase un exame tipo
test, a nota calcularase coa avaliación continua deste cuatrimestre nas
porcentaxes correspondentes anteriormente indicados. É imprescindible
alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 no exame para facer
promedio cos outros compoñentes da avaliación.

Para a nota global
da asignatura farase media aritmética coa cualificación do primeiro
cuatrimestre.


Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao evaluar as
actividades que se farán contorna a devandita metodoloxía son a
participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos
abordados, coñecementos demostrados nos probas e exames teóricos e
prácticos e competencias referidas para esta asignatura.


O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica
de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo
de créditos e o sistema de cualificacións nas titulaciones
universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio
nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).


Os alumnos coas mellores cualificacións globais poderán ser invitados a
realizar unha análise de matrícula que coincidirá coa realización do
exame final, pero terá outro contido. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes