Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Statistics
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
ICT practicals A3 A13 A26 A27 A30 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 Traballos individuais nos que se desenvolverán supostos prácticos mediante o uso dun paquete estatístico 25
Multiple-choice questions A3 A26 A27 A30 A32 A33 B2 B3 C6 Proba na que se evaluará o dominio dos conceptos estatísticos básicos. 60
Seminar A3 A13 A25 A26 A27 A30 A32 A33 B1 B2 B3 B22 B36 C6 Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvolvidos polos estudantes de forma individual ou en grupos e postos en común en seminarios 15
 
Assessment comments

Nota importante

Para superar a materia é necesario superar cada un dos cuatrimestres de xeito individual.


No caso de que non se supere algún dos cuatrimestres na primeira
oportunidade, a nota que figurará será de 4 e para a 2ª oportunidade
manterase aprobada a parte correspondente ao cuatrimestre superado.

 

Na parte correspondente ao primeiro cuatrimestre (Prof. Alejandro Quintela do Rio)


- Realización de probas durante o curso (por escrito ou por ordenador),
que evaluarán de xeito continuo ao alumnado e axudarán á cualificación
final. A xuízo do profesor, os resultados da avaliación continua poderán
dispensar dalgunha parte ou de forma completa do exame final de
cuatrimestre. (máximo 20%)


- Un exame final tipo test (por escrito ou por ordenador), (máximo do
80% para aqueles alumnos que só realicen este exame e non teñan ningunha
cualificación da parte anterior)


A cualificación obtida neste cuatrimestre liberará o mesmo, de maneira
que, quen obteña nota maior ou igual que 5, poderá facer media
aritmética coa nota que obteña da avaliación do segundo cuatrimestre.


A nota do primeiro cuatrimestre será resultado da suma de notas continuadas e o exame tipo test.


Na convocatorias finais de Xuño e Xullo, realizarase un exame tipo test
(por escrito ou por ordenador) que fará media aritmética coa
cualificación da segunda parte.

Na parte correspondente ao segundo cuatrimestre (Prof. Teresa Seoane Pillado e Prof. Javier Muñiz García)


- Avaliación continuada mediante a realización de traballos de
investigación individuais ou en grupos nos que se esixirá o dominio dos
conceptos teóricos e prácticos impartidos na matera, deberán entregarse
en tempo e forma. (máximo 30%)


- Resolución de casos e exercicios propostos polo profesor, nos que se
esixirá o dominio dos conceptos teóricos e prácticos impartidos na
matera, deberán entregarse en tempo e forma. (máximo 30%)


- Proba final da materia de segundo cuatrimestre que incluirá preguntas
tipo test de opción múltiple e/ou con resposta razoada de xeito breve
e/ou preguntas de resposta desenvolvida e/ou problemas. É imprescindible
alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 no exame para facer
promedio cos outros compoñentes da avaliación. Os alumnos con menos dun 3
no exame (independientemente da nota alcanzada na avaliación continua)
deberán realizar o exame da materia nas convocatorias oficiais (máximo
40%)


A cualificación obtida no segundo cuatrimestre liberará o mesmo, de
maneira que, quen obteña nota maior ou igual que 5, poderá facer media
aritmética coa nota que obteña da avaliación do primeiro cuatrimestre.


Nas convocatorias finais de Xuño e Xullo, realizarase un exame tipo
test, a nota calcularase coa avaliación continua deste cuatrimestre nas
porcentaxes correspondentes anteriormente indicados. É imprescindible
alcanzar polo menos a puntuación de 3 sobre 10 no exame para facer
promedio cos outros compoñentes da avaliación.

Para a nota global
da asignatura farase media aritmética coa cualificación do primeiro
cuatrimestre.


Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao evaluar as
actividades que se farán contorna a devandita metodoloxía son a
participación e compromiso individual e grupal, coherencia dos contidos
abordados, coñecementos demostrados nos probas e exames teóricos e
prácticos e competencias referidas para esta asignatura.


O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica
de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo
de créditos e o sistema de cualificacións nas titulaciones
universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio
nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado
7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).


Os alumnos coas mellores cualificacións globais poderán ser invitados a
realizar unha análise de matrícula que coincidirá coa realización do
exame final, pero terá outro contido. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes