Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A exposición oral será complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Discusión dirixida
O obxectivo do cinefórum é o emprego de ferramentas non convencionais ou distintas para a aprendizaxe. Está previstá proxección dunha película, seguida dun debate entre os asistentes. (Con anterioridade entregaranse materiais para preparar o seminario, e con posterioridade os estudantes deberán preparar un comentario da mesma). Tamén serán obxecto de discusión dirixida textos literarios, artigos da prensa e tamén experimentos básicos de filosofía moral coa finalidade de estimular o exercicio do razonamiento práctico por parte de las/os asistentes.





Traballos tutelados O obxectivo desta actividade é fomentar a aprendizaxe autónoma por parte do estudante, fóra do ámbito das aulas. A leitura, análise crítica e comentario de publicacións científicas, normas deontolóxicas ou xurídicas, ou documentos relacionados coa bioética e a dentoloxía profesional son o principal material de traballo. Os traballos parciais poderán consistir na presentación dunha acta dun Comité de ética asistencial que analiza e resolve dous casos clínicos.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral Os alumnas/os presentarán en grupo, diante do resto da aula o resultado dos traballos tutelados.
Proba de ensaio
O exame constará dunha serie de preguntas que se corresponderán cos contidos do programa. A duración do exame será de 2 horas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes