A Anatomía Humana estuda a organización estrutural do corpo humano en estado de saúde e durante o desenrolo, relacionando a forma coa función e valorando os cambios de dita estrutura como resposta a todos aqueles axentes que, en condicións de normalidade, actúan sobre ela.
A docencia de Anatomía Humana está encamiñada a que o futuro profesional sanitario adquira a terminoloxía anatómica e se inicie no emprego correcto da nomenclatura médico-biolóxica. Ten un enfoque aplicativo, de modo que sexa útil para outras materias do currículo do Grao en Terapia Ocupacional. Para isto, abórdase o estudo dunha anatomía funcional, descritiva, sistémica e topográfica, orientada a fomentar a capacidade de descrición e de orientación espacial.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
BLOQUE 1. ANATOMÍA HUMANA. Mantéñense todas as metodoloxías, a excepción da realización dos cadernos de traballo de Anatomía Humana (obradoiro). As sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio (nas que se imparten contidos teóricos co apoio do uso de maquetas e de ósos da osteoteca) impartiranse a través de Teams.
BLOQUE 2. CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL. Mantéñense os seminarios, que se impartirán a través de Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
BLOQUE 2. CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL.
Prof. Sergio Santos del Riego.
• Sesións maxistrais e seminarios teórico-prácticos (de membros superior e inferior): temas publicados periodicamente en MOODLE.
• Docencia de apoio a través de Teams. Grupo Grande (GG): síncrona en horario oficial (9:00-10:00 h). Grupos Docencia Interactiva (seminarios teórico-prácticos, GDI): síncrona en horario oficial (10:00-11.30 h), ampliado máximo até as 12:00 h.
Permítese repetir a asistencia á docencia de GDI, á marxe do grupo que corresponda.
Seminarios de Membros Superior e Inferior: en cada caso, realizaranse a través de Teams en datas a determinar en tres sesións de docencia síncrona e unha cuarta sesión de titoría de apoio grupal.
Prof. José Ramón Meilán Devesa.
• Balance Muscular. Vídeos de exploración muscular publicados en MOODLE cada semana, dirixidos á grupos GDI).
• Balance Articular: Vídeos de balance articular publicados en MOODLE cada semana e un seminario explicativo a través de Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: correo electrónico, MOODLE e Teams (a demanda, previa solicitude por correo electrónico), en horario oficial de titorías.
4. Modificacións na avaliación:
BLOQUE 1: ANATOMÍA HUMANA:
A avaliación na primeira e segunda oportunidade farase a través de MOODLE mediante exame tipo test (6,5 puntos), que consistirá de 48 preguntas, cada unha con catro sentencias das que só unha é correcta. O aprobado establécese nun mínimo de 30 preguntas contestadas correctamente.
BLOQUE 2: CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL: AVALIACIÓN CONTÍNUA (3,5 puntos). Detállase o peso na avaliación e as tarefas, segundo o profesor:
- Prof. Sergio Santos del Riego (2 puntos; Puntuación mínima: 0.8 puntos). Cada tarefa consiste de: a. unha memoria-portafolios manuscrita orixinal que inclúa conceptos relevantes de cinesioloxía estrutural. b. un procedemento de aprendizaxe-servizo (elaboración dunha imaxe jpg que relacione o membro superior (tarefa 1, 1 punto) e o inferior (tarefa 2, 1 punto) cunha actividade ocupacional e unha mensaxe de interese para a cidadanía.
- Prof. José Ramón Meilán Devesa (1.5 puntos; Puntuación mínima: 0.6 puntos). Tarefa 1. Valoración Muscular. Tarefa 2. Valoración Articular.
Data de entrega das tarefas de cada profesor: a determinar.
EXAME ORAL (3,5 puntos). Só para o alumnado que non aprobase este BLOQUE mediante a avaliación continua (non alcanzar a puntuación mínima nas dúas partes ou non presentar en tempo e forma ambas tarefas a cada profesor).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
BLOQUE 1. ANATOMÍA HUMANA Non hai modificacións.
BLOQUE 2. CINESIOLOXÍA OCUPACIONAL 1. Prof. Sergio Santos del Riego: PDF tanto para clases maxistrais e Seminarios práctico de membro superior e teórico de membro inferior. Vídeos tanto das clases maxistrais como dos seminarios.
2. Prof. José Ramón Meilán Devesa: Vídeos das prácticas: Balance Muscular e Articular.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías