Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Anatomía Humana
   Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introducción á anatomía humana.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Introdución á anatomía humana.
Introdución á embrioloxía.
Introdución á la histoloxía.
Ósos: estrutura, función e tipos. Remodelamento óseo.
Articulacións: clasificación. Articulación sinovial.

Actividades prácticas (utilizando a osteoteca):

Estudar o tecido óseo compacto e esponxoso.
Estudar os tipos de ósos.
Recoñecer as superficies articulares.
Tema 2.- Ósos e articulacións de cabeza, colo e tronco.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Esqueleto da cabeza.
Columna vertebral. Vértebra tipo. Vértebras rexionais.
Esqueleto do tórax: mecánica respiratoria.


Actividades prácticas (utilizando a osteoteca e maquetas):

Estudar o esqueleto da cabeza.
Estudar as vértebras das distintas rexións do raquis.
Estudar o esqueleto do tórax.

Tema 3. Músculos do colo e do tronco.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Músculos da rexión posterior do colo.
Músculos da rexión anterior do colo.
Músculos do tronco: rexión posterior do tronco, parede anterolateral do tórax, parede anterolateral do abdome, diafragma e piso pélvico.

Actividades prácticas (en maquetas):

Recoñecer os principais músculos de colo e tronco.
Tema 4. Ósos e articulacións do membro superior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Cintura escapular: clavícula e escápula. Úmero. Radio e Cúbito. Ósos do carpo. Ósos da man: metacarpianos e falanxes.
Complexo articular do ombro: articulación esternoclavicular, articulación acromioclavicular e articulación escapulohumeral. Articulación do cóbado e articulación radiocubital distal. Complexo articular do pulso: articulacións radiocarpiana, mediocarpiana e intercarpianas. Articulacións carpometacarpianas. Articulación trapezometacarpiana. Articulacións metacarpofalánxicas. Articulacións interfalánxicas.

Actividades prácticas:

Estudar os ósos e as articulacións utilizando a osteoteca e as maquetas.
Tema 5. Musculatura, vascularización e inervación do membro superior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Músculos do ombro: rexións anterior, medial, lateral e posterior.
Músculos do brazo: rexións anterior e posterior.
Músculos do antebrazo: rexións anterior, lateral e posterior.
Músculos da man: rexións media, tenar e hipotenar.

Actividades prácticas (en maquetas):

Recoñecer e palpar os principais músculos do membro superior.
Tema 6. Ósos e articulacións do membro inferior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Coxal. Fémur. Rótula. Tibia e peroné. Ósos do pé: tarso anterior (astrágalo e calcáneo), tarso posterior (navicular, cuneiformes e cuboides), metatarsianos e falanxes.
Articulación coxofemoral. Articulación do xeonllo. Articulacións tibioperonea proximal, tibioperonea distal e talocrural. Articulación subastragalina. Articulación mediotarsiana: articulación astragalocalcaneonavicular e articulación calcaneocuboidea. Articulación cuneonavicular. Articulacións tarsometatarsianas. Articulacións metatarsofalánxicas. Articulacións interfalánxicas.

Actividades prácticas:

Estudar utilizando a osteoteca e as maquetas os ósos do membro inferior.
Estudar utilizando as maquetas as articulacións do membro inferior.
Tema 7. Musculatura, vascularización e inervación do membro inferior.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Músculos da pelvis: iliopsoas e rexión glútea.
Músculos do muslo: rexións anterior, medial e posterior.
Músculos da perna: rexións anterior, lateral e posterior.
Músculos do pé: rexión dorsal e rexión plantar (media, medial e lateral).

Actividades prácticas (maquetas):

Recoñecer e palpar os principais músculos do membro inferior.
Tema 8. Sistema cardiocirculatorio.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Corazón.
Circulación sistémica e pulmonar. Vascularización xeral.
Sistema linfático.

Actividades prácticas.- Estudar en maquetas:

A morfoloxía do corazón.
A vascularización xeral.
Tema 9. Sistema nervioso.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Introdución.
Medula espiñal e Nervio espiñal.
Encéfalo: tronco encefálico, diencéfalo, telencéfalo (corteza cerebral: áreas sensitivas e motoras) e cerebelo.
Meninxes e líquido cefalorraquídeo.

Actividades prácticas (utilizando maquetas):

Estudo da medula espiñal e o nervio espiñal.
Estudo do encéfalo.

Tema 10. Sistema Nervioso. Vías sensitivas e motoras.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico:

Vía da sensibilidade termoalxésica: tracto espinotalámico lateral.
Vía da sensibilidade do tacto groseiro: tracto espinotalámico anterior.
Vía da sensibilidade propioceptiva consciente.
Vía motora consciente.

Actividades prácticas:

Estudar completando en debuxos esquemáticos as vías ascendentes e descendentes.
Tema 11. Estesioloxía e esplacnoloxía.
Prof. Isaac Fuentes e Silvia Díaz
Contido teórico de estesioloxía:

Introdución aos órganos e receptores dos sentidos. Sentido da visión, sentido da audición, sentidos do olfato, do gusto e do tacto.

Contido teórico de esplacnoloxía:

Introdución aos sistemas e aparatos.

Actividades prácticas:

Estudar en maquetas os fundamentos anatómicos das estruturas descritas.
Tema 12. Cinesioloxía Ocupacional Biomecánica.
Prof. Sergio Santos del Riego
- Conceptos xerais: Importancia no currículum de Terapia Ocupacional.
- Biomecánica dos tecidos
- Cinética.
- Cinemática.
- Biomecánica ocupacional.
Tema 13. Cinesioloxía Ocupacional Estrutural.
Prof. Sergio Santos del Riego.
Contidos teóricos (Clases expositivas e aprendizaxe colaborativo).
Seminarios teórico prácticos.
- Introdución, conceptos e terminoloxía.
- Xeralidades: Tipos de articulacións e mioloxía.
- Ación motriz: Respiración, postura, dinámica, membro superior e membro inferior.
- Cinesioloxía estrutural ocupacional: ombro, cóbado, pulso, man, raquis, cadeira, xeonllo, nocello e pé.
- Aplicacións ocupacionais en Membro superior: ombro, cóbado, antebrazo, pulso, man e dedos.
Anatomía aplicada ocupacional nas Actividades da Vida Diaria.
- Aplicacións ocupacionais en Membro inferior: cadeira, xeonllo, nocello e pé.
Marcha, Carreira e Salto, entre outros.
- Aplicación ocupacional con Métodos de Facilitación Neuromuscular Propioceptiva: Xeralidades.
- Seminarios teórico-prácticos: Aproximación topográfica transdisciplinar a: Membro superior, Membro inferior, Retrosoma/Presoma e Plexos.
Tema 14.-Cinesioloxía Ocupacional práctica.
Prof. José Ramón Meilán Devesa.
Actividades prácticas.
- Balance articular.
- Balance muscular.
- Coñecementos básicos de estiramentos musculares.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes