Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Anatomía Humana |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Anatomía Humana | Código | 653G01106 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Formación básica | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado. Forma fparte das metodoloxías de Anatomía Humana. |
Prácticas de laboratorio | Clases prácticas que complementan os contidos abordados nas clases teóricas: - Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana. - Mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie. - Examínanse distintos grupos musculares, mediante a palpación e movementos contra resistencia. - Analízanse funcionalmente as principais articulacións móbiles. Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas. |
Seminario | É unha técnica de traballo en grupo reducido que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os participantes do seminario. O fin desta metodoloxía é aclarar concepto e resolver dúbidas. Forma parte das metodoloxías de Anatomía Humana. |
Obradoiro | Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. Forma parte das metodoloxías de Anatomía Humana. |
Prácticas clínicas | Basándose na valoración funcional de músculos e articulacións, preténdese favorecer a adquisición de competencias básicas na valoración clínica do aparato locomotor. Forma parte da metodoloxía de Cinesioloxía Ocupacional. |
Proba obxectiva | Exame final de Anatomía Humana. Consistirá en dúas partes: Exame tipo test (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas. Exame preguntas cortas. Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final. Exame final Cinesioloxía Ocupacional. Exame escrito de preguntas cortas ou medias en data establecida en calendario oficial de exames aprobado en Xunta de Facultade. |
Proba de resposta múltiple | Probas periódicas tipo test sobre unidades temáticas da materia. Forma parte da avaliación continua de Antomía Humana. |
Proba oral | Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular. |
Aprendizaxe colaborativa | Conxunto de procedimentos de enseñanza-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións. O alumnado traballa conxuntamente en grupos reducidos na resolución de tareas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Esta metodoloxía corresponde á Cinesioloxía Ocupacional. |
|