Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Human Anatomy
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Clase teórica participativa, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resposta das preguntas formuladas polo alumnado. Forma fparte das metodoloxías de Anatomía Humana.
Laboratory practice Clases prácticas que complementan os contidos abordados nas clases teóricas:

- Empréganse as coleccións de maquetas e láminas do corpo humano e a osteoteca do Laboratorio de Anatomía Humana.

- Mediante a palpación de estruturas, abórdase o estudio da anatomía de superficie.

- Examínanse distintos grupos musculares, mediante a palpación e movementos contra resistencia.

- Analízanse funcionalmente as principais articulacións móbiles.

Nas prácticas de laboratorio foméntase a participación do alumnado, favorecendo o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas.
Seminar É unha técnica de traballo en grupo reducido que ten como finalidade o estudio intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os participantes do seminario. O fin desta metodoloxía é aclarar concepto e resolver dúbidas. Forma parte das metodoloxías de Anatomía Humana.

Workshop Consiste en exercicios que o alumnado debe realizar (completar debuxos esquemáticos de estruturas anatómicas; identificar detalles anatómicos nos debuxos esquemáticos; recoñecer mediante anatomía de superficie determiandas estruturas anatómicas, etc.) recollidos nos CADERNOS DE TRABALLO DE ANATOMÍA HUMANA, elaborados polo profesorado da Área de Anatomía e Embrioloxía Humana, e ós que o alumnado ten acceso a través da plataforma virtual da universidade. Forma parte das metodoloxías de Anatomía Humana.
Clinical practice placement Basándose na valoración funcional de músculos e articulacións, preténdese favorecer a adquisición de competencias básicas na valoración clínica do aparato locomotor. Forma parte da metodoloxía de Cinesioloxía Ocupacional.
Objective test Exame final de Anatomía Humana. Consistirá en dúas partes:

Exame tipo test (cada pregunta con 4 afirmacións; só unha é correcta; non se puntúa negativo por resposta incorrecta). O aprobado está no 60% de respostas correctas.
Exame preguntas cortas.

Cada parte do exame contribúe nun 50% na cualificación do exame final.

Exame final Cinesioloxía Ocupacional. Exame escrito de preguntas cortas ou medias en data establecida en calendario oficial de exames aprobado en Xunta de Facultade.
Multiple-choice questions Probas periódicas tipo test sobre unidades temáticas da materia. Forma parte da avaliación continua de Antomía Humana.
Speaking test Proba oral personalizada na que se valorará o coñecemento da acción dun grupo muscular ou músculo illado e a interpretación dunha goniometría articular.
Collaborative learning Conxunto de procedimentos de enseñanza-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións. O alumnado traballa conxuntamente en grupos reducidos na resolución de tareas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. Esta metodoloxía corresponde á Cinesioloxía Ocupacional.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes