Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estancias Prácticas I Código 653G01110
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Nieto Riveiro, Laura
Correo electrónico
laura.nieto@udc.es
Profesorado
Dacuña Vázquez, Inés
Groba Gonzalez, Betania
Nieto Riveiro, Laura
Correo electrónico
ines.vazquez3@udc.es
b.groba@udc.es
laura.nieto@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa práctica clínica e/ou comunitaria da terapia ocupacional mediante a observación directa e a análise dos centros de prácticas e a intervención das/os profesoras/es-titoras/es, terapeutas ocupacionais, dos devanditos centros. Descritor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de terapia ocupacional, traballando axeitadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta profesión en diferentes entornos, centros, hospitais, institucións e grupos sociais e poboacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizará ningunha modificación nos contidos da materia. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: Actividades iniciais, Análise de fontes documentais e Discusión dirixida. *Metodoloxías docentes que se modifican: Ante un escenario de non presencialidade, que non permita que o alumnado poida cursar, como mínimo, o 50% da suma das horas de prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo): - Suprimiríanse as metodoloxías Portafolios, Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo. - Introduciríanse as metodoloxías Sesión maxistral (por Teams) e Traballo tutelado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: diariamente. Empregarase esta vía para ofrecer atención individualizada ao alumnado da materia, resolver posibles dúbidas ou consultas, programar titorías virtuais ou realizar o seguimento dos traballos solicitados. - Moodle: diaria e semanalmente. Cada semana, comunicarase a través do Foro de novas información actualizada sobre a materia, e poñerase a disposición do alumnado documentación e materiais relativos aos contidos e temáticas centrais da materia. Ademais, diariamente atenderanse as dúbidas ou consultas que faga chegar o alumnado a través dos foros ou da opción de mensaxe privada desta plataforma. - Teams: semanal e mensualmente. Cada mes, levaranse a cabo entre 1 e 2 sesións en vivo con todo o alumnado matriculado, na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Facultade. Ademais, segundo as necesidades de cada estudante, tamén se utilizará este mecanismo para realizar titorías virtuais individualizadas ou en grupo reducido, previa solicitude do alumnado interesado, ou a petición do profesorado se o estima preciso, para ofrecer seguimento e orientación no desenvolvemento dos traballos da materia. Estas titorías poderanse realizar de luns a venres, entre as 09:00 e as 19:00 h., sendo programadas nun horario consensuado coas docentes, que non interfira en ningún caso coa asistencia e participación do estudantado nas restantes materias do título nas que estea matriculado. 4. Modificacións na avaliación: - Análise de fontes documentais: 40%. Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. - Traballo tutelado: 60%. Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. *Observacións de avaliación: Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas e entregar todos os traballos solicitados. Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas as dúas metodoloxías mencionadas neste apartado (Análise de fontes documentais e Traballo tutelado), alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha destas dúas metodoloxías, a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa. No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), a/o estudante deberá repetir na segunda oportunidade (xullo) a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non presentado(s) e participar de novo nas metodoloxías propostas. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios de avaliación aplicados na primeira oportunidade de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. O alumnado da materia terá á súa disposición en Moodle toda a documentación e materiais bibliográficos ou audiovisuais necesarios para o desenvolvemento dos traballos solicitados. Así, facilitarase documentación elaborada polo propio equipo docente da materia, así como fontes bibliográficas e materiais adicionais cos que o estudantado poida completar os seus coñecementos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes