Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Work Placement I
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Son actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con esta metodoloxía preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado.
Dentro desta metodoloxía, enmárcase a reunión de presentación da materia, que se levará a cabo de maneira presencial ou virtual (por Teams) en función das posibilidades existentes na data en que se realice.
Document analysis Consiste nunha técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para as temáticas centrais da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Directed discussion Trátase dunha técnica de dinámica de grupos na que as persoas que integran o grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinadas por unha persoa que modere.
Dentro desta metodoloxía, enmárcanse as reunións de seguimento e peche da materia, que se levarán a cabo de maneira presencial ou virtual (por Teams) en función das posibilidades existentes nas datas en que se desenvolva cada reunión.
Student portfolio É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado nun período de tempo determinado, cos comentarios e cualificacións asignadas polas docentes, o que lles permite visualizar o seu progreso. O portafolios inclúe todo o que fai cada estudante, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso realizados polas docentes, etc.
Clinical practice placement O ensino clínico pode entenderse como un proceso instrucional que ten lugar nun ambiente natural relacionado co exercicio dunha profesión, no que o estudantado observa e participa en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlle oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da terapia ocupacional.
Laboratory practice Esta metodoloxía permite que o estudantado aprenda de maneira efectiva a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Field trip Son actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario, relacionadas co ámbito de estudo da materia. No caso desta materia, estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, e a recollida de información.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes