Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Valoraranse, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos referentes ao contido da materia, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os errores gramaticais e ortográficos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de razoamento e resolución de problemas. 5
Portafolios do alumno A8 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Valoraranse, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos referentes ao contido da materia, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os errores gramaticais e ortográficos), a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de razoamento e resolución de problemas. 25
Prácticas clínicas A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 B26 B31 C1 C4 C7 Valorarase a asistencia, a puntualidade, a responsabilidade, o interese e a actitude ante as normas, así como a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos tanto teóricos como prácticos.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas previamente á coordinadora da materia e á coordinadora do título mediante correo electrónico. Posteriormente, deberá achegarse o xustificante correspondente.
60
Aprendizaxe colaborativa A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Valoraranse, ademais das destrezas e coñecementos adquiridos referentes ao contido da materia, a capacidade de presentación oral do alumnado, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, e a capacidade de traballo en equipo e resolución de problemas, así como a actitude crítica e reflexiva. 10
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para superar a materia, a/o alumna/o debe participar activamente nas metodoloxías propostas, asistindo a todas as sesións prácticas (Prácticas clínicas) e entregando todos os traballos solicitados (Aprendizaxe colaborativa, Lecturas e Portafolios). Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas polo menos as metodoloxías de Prácticas clínicas e Portafolios da/o alumna/o. Para iso, será necesario ter unha cualificación mínima de 4 puntos (sobre 6) na metodoloxía Prácticas clínicas e unha cualificación mínima de 1 punto (sobre 2,5) na metodoloxía Portafolios da/o alumna/o. As notas do resto de metodoloxías (Aprendizaxe colaborativa e Lecturas) só serán tidas en conta para a cualificación global da materia, se a/o estudante acada as citadas puntuacións nas mencionadas metodoloxías. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na metodoloxía suspensa (nota obtida nas Prácticas clínicas ou no Portafolios). No caso de ter ambas metodoloxías suspensas (Prácticas clínicas e Portafolios), a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na metodoloxía Prácticas clínicas.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño), a/o estudante deberá repetir a entrega de traballos e participar de novo nas metodoloxías propostas durante a segunda oportunidade (xullo).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo das/os estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A tal efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará a expensas da valoración e decisión da comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional da UDC, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes