Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A8 A19 B3 B6 B7 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 20
Prácticas clínicas A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, o interese, a actitude ante as normas xerais da materia e as normas de funcionamento específicas de cada centro de prácticas, e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas clínicas deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
20
Saídas de campo A6 A8 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a responsabilidade, o interese, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das saídas de campo), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
A participación nas saídas de campo é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás saídas de campo deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
15
Análise de fontes documentais A19 A23 B3 B6 B8 B19 B23 B24 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase: a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a adquisición de destrezas e coñecementos referentes ao contido da materia, a integración e aplicación de conceptos teóricos e prácticos, a argumentación ofrecida nas súas intervencións, a capacidade de razoamento e de resolución de problemas, e a actitude crítica e reflexiva. 20
Prácticas de laboratorio A6 A8 A16 A19 A23 B3 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B26 B31 C1 C4 C7 Para a avaliación desta metodoloxía, valorarase:
1) A responsabilidade, o interese, a actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas, exercicios e actividades propostas, e co desenvolvemento xeral das prácticas de laboratorio), e a adquisición e aplicación de destrezas, coñecementos e conceptos, tanto teóricos como prácticos.
2) As tarefas, exercicios ou actividades prácticas, de carácter individual e/ou grupal, propostas durante o desenvolvemento desta metodoloxía.
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria.
As ausencias xustificadas ás prácticas de laboratorio deberán ser comunicadas á coordinadora da materia, sempre que sexa posible de forma previa á súa realización. Posteriormente, deberase achegar o xustificante correspondente.
25
 
Observacións avaliación

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para superar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, asistindo a todas as sesións prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo), participando nas Actividades iniciais e de Discusión dirixida que se leven a cabo, e entregando todos os traballos solicitados (Análise de fontes documentais e Portafolios). Ademais, deberá acadar unha cualificación global mínima de 5 puntos e ter superadas todas as metodoloxías que formen parte da avaliación da materia (Análise de fontes documentais, Portafolios, Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo), alcanzando como mínimo o 50% da cualificación correspondente a cada metodoloxía. No caso de non acadar a cualificación mínima requirida nalgunha das metodoloxías, non se sumarán o resto de metodoloxías, e a cualificación global da materia corresponderase coa nota obtida na metodoloxía suspensa. No caso de ter varias metodoloxías suspensas, a cualificación global da materia corresponderase coa nota suspensa máis elevada.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola ausencia non xustificada ou o suspenso das sesións prácticas desenvolvidas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e/ou Saídas de campo), non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (xuño) pola falta de entrega ou o suspenso dos traballos correspondentes ás metodoloxías Análise de fontes documentais e/ou Portafolios, a/o estudante terá que repetir a entrega do(s) traballo(s) suspenso(s) ou non presentado(s) na segunda oportunidade (xullo).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada polo Consello de Goberno do 22 de maio 2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, terá dereito a elixir de maneira preferente quendas e grupos de prácticas, entre os distintos horarios e rotatorios que se oferten na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes