Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas I
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional/653G01108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional/653G01109

Materias que continúan o temario
Estancias Prácticas II/653G01210
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable da materia resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

3.- Para a correcta planificación das estancias prácticas, realizaranse (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica:

- Actividades iniciais: establecemento de grupos de prácticas e distribución de rotatorios, reunión da coordinadora da materia co alumnado matriculado para a presentación dos recursos de prácticas, as normas e consideracións básicas a ter en conta e os traballos a realizar ao longo da materia, así como para a organización dos grupos de estudantes.

- Coordinación da docencia: encontro entre a coordinadora da materia e as/os docentes e titoras/es terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ao inicio das mesmas e de forma posterior.

4.- Normas mínimas: o alumnado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de identificación persoal, puntualidade e respecto á poboación atendida nos recursos nos que se desenvolvan as prácticas, así como ao seu equipo profesional e ás súas instalacións. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes