Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas I
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Bases Históricas e Documentación en Terapia Ocupacional/653G01108

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional/653G01105
Ciencias da Ocupación e Fundamentos de Terapia Ocupacional/653G01109

Materias que continúan o temario
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204
Estancias Prácticas II/653G01210

Observacións

1.- Debido á situación actual derivada da pandemia por COVID-19, será preciso respectar o plan de seguridade ou continxencia establecido por cada centro de prácticas. Non obstante, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% da suma das horas correspondentes ás sesións prácticas (Prácticas clínicas, Prácticas de laboratorio e Saídas de campo). Ademais, para aprobar a materia, o estudantado terá que participar activamente en todas as actividades desenvolvidas e superar todas as metodoloxías docentes propostas, tal e como se especifica no apartado de Avaliación desta guía docente.

2.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

3.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, que serán notificados ao estudantado coa suficiente antelación.

4.- Para a adecuada planificación das estancias prácticas, realizaranse (segundo o calendario oficial) varias reunións de coordinación académica:

  • Actividades iniciais: reunións destinadas ao establecemento de grupos de prácticas e a distribución de quendas e rotatorios. Ao comezo da materia, realizarase unha ou varias reunións entre a docente coordinadora e o alumnado matriculado para a presentación dos diferentes módulos e recursos de prácticas, as normas e consideracións básicas a ter en conta nas distintas sesións prácticas, e os traballos a realizar ao longo da materia, así como para a organización dos grupos e quendas de estudantes para cada sesión práctica.
  • Actividades de seguimento e peche: reunións destinadas ao seguimento e supervisión do alumnado e a análise das sesións prácticas levadas a cabo. Durante o transcurso do cuadrimestre e ao final do mesmo, realizarase unha reunión de seguimento e unha reunión de peche da materia, entre a docente coordinadora e o alumnado matriculado, co fin de facer un seguimento adecuado da participación e evolución do alumnado no transcurso das prácticas, e unha análise posterior dos recursos e sesións prácticas ás que asista.
  • Coordinación da docencia: encontros entre a coordinadora da materia e as/os docentes e titoras/es terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, de forma previa ao inicio das mesmas e de forma posterior.

5.- Normas mínimas: o alumnado deberá cumprir unhas normas xerais básicas de identificación persoal, puntualidade e respecto á poboación atendida nos recursos nos que se desenvolvan as prácticas, así como ao seu equipo profesional e ás súas instalacións. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estancias prácticas.

6.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante no desenvolvemento dos seus traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes