Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 B19 C1 C4 Exame correspondente ás convocatorias oficiais coa totalidade do temario. Realizarase de xeito persoal ou a través de Moodle.
40
Traballos tutelados A6 A7 A19 A30 A34 B3 B4 B8 B13 B19 B26 B28 B29 C1 C4 C6 C7 C8 Traballo grupal de carácter práctico relacionado coa materia da asignatura que será exposto oralmente na clase 30
Obradoiro A6 A7 A19 A34 B3 B4 B8 B13 B19 B26 B28 B29 C1 C4 C6 C7 C8 Prácticas, actividades, asistencia e participación ao longo do curso 30
 
Observacións avaliación

Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre van contabilizarse para a nota final. 

O conxunto de prácticas (Obradoiro e traballo tutelado) asistencia e participación suporán o 60% da cualificación, o exame final o 40%. Desta forma valórase e compénsase todo o traballo realizado.

As prácticas do
obradoiro e o traballo tutelado  realizaranse ao  longo do cuadrimestre. O exame final terá lugar nas datas oficiais marcadas pola UDC. Para aprobar a
materia é necesario aprobar tanto a parte práctica (traballos e prácticas) como
o exame.

Aqueles/as alumnos/as
que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial (os que non se
acollan á avaliación continua presencial), deberán pórse en contacto coa
profesora ao inicio do curso. A súa avaliación basearase nun traballo empírico individual sobre un
tema relacionado coa materia (30% da nota), un traballo individual sobre un
libro ou unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data
oficial estipulada pola UDC (40% da nota). 

Para aprobar a
materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%)  como o exame (40%)

Gardaranse as notas
dos traballos e das prácticas para a segunda oportunidade.

Os materias
utilizados nas sesións, presentacións, audiovisuais,  lecturas e prácticas
tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da
plataforma Moodle. 

Na medida do posible
os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da plataforma
Moodle, sen necesidade de imprimilos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes