Esta asignatura pretende el desarrollo de competencias que permitan al alumnado comprender y aplicar los conocimientos relacionados con el proceso de intervención en Terapia Ocupacional.
Descriptor:
Conocimiento de los fundamentos teóricos y principios filosóficos, modelos, metodologías, técnicas, evaluaciones y valoraciones de Terapia Ocupacional necesarios para reconocer e interpretar los procesos de terapia ocupacional en diversos contextos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxias
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Aprendizaxe colaborativa
- Discusión dirixida
- Lecturas
- Traballos tutelados
- Estudo de casos
- Sesión maxistral (realizarase mediante Teams)
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ante un escenario de non presencialidade:
- Suprímense as Prácticas de laboratorio, debido a que non se poden facer presencialmente. Manterase unha sesión semanal virtual con cada grupo de prácticas de laboratorio, adaptando os contidos a dita modalidade.
- Ademais, en dito escenario de non presencialidade, introduciríanse en caso preciso:
o Debate virtual: Técnica de dinámica de grupos que xira en torno a unha discusión onde as persoas dialogan sobre un tema específico seguindo un esquema previsto. Intervén un moderador, que leva o debate. Desenvólvese a través dun contorno virtual de aprendizaxe, puidendo empregarse o Chat que ofrece Moodle ou as videochamadas mediante Teams.
o Foro virtual: Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro).
Ambas dúas metodoloxías non serán avaliadas, senon que serán empregadas para facilitar a consecunción dos obxectivos ensinanza-aprendizaxe. Serán metodoloxías compartidas coa discusión dirixida pero que se amoldan mellor á ensinanza virtual (non presencial).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Para levar a cabo as metodoloxías docentes e realizar un seguimento individualizado non presencial do alumnado, propoñeranse as seguintes plataformas:
- Teams: estimase realizar 2 sesións semanais cumprindo co establecido no calendario académico. Realizaríase unha sesión semanal con todo o grupo clase e unha sesión para cada un dos grupos de traballo (TGR), en función da quenda de cada grupo. Desta forma, facilitase a explicación dos contidos teóricos para todo o grupo e así mesmo realizase un seguimento individualizado de cada grupo cos seus respectivos traballos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais, Teams será empregado para realizar titorías virtuais individualizadas co alumnado. Será preciso que o/a alumno/a interesado realice unha petición previa por correo electrónico ás docentes da materia en caso de ter dúbidas concretas e de precisar resolvelas individualmente. Así mesmo, en caso de ser preciso, o profesorado indicará a necesidade de realizar atención personalizada en pequenos grupos ou de maneira individualizada, según proceda.
- Moodle: o alumnado dispoñerá na plataforma do material empregado durante o curso académico. Cada semana actualizaranse os temas correspondentes mediante píldoras formativas (contido audiovisual desenvolto polos/as docentes). Tamén usaremos a ferramenta “Mensaxes” para poder realizar unha comunicación o máis indivdiualizada posible co alumnado interesado. Os foros virtuais serán de axuda para facer comunicados xerais sobre a materia a todo o alumnado, así como para a resolución común de dúbidas.
- Correo electrónico: empregarase para informar ao alumnado sobre as adaptacións realizadas para facer o proceso de avaliación da segunda convocatoria en modalidade non presencial. Os/as estudantes empregarán o correo electrónico para comunicarse coas docentes e poder resolver calquera dúbida relacionada coa segunda oportunidade e a súa avaliación.
4. Modificacións na avaliación
- presentación oral e por escrito/Traballo Tutelado: 40%
- presentación oral e por escrito Estudo de casos: 30%
- Portafolios: 30%
*Observacións de avaliación:
- Obter un mínimo dun 50% en cada unha das metodoloxía esixidas.
- Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
A documentación facilitarase mediante a plataforma Moodle e as lecturas necesarias serán dixitalizadas para facilitar que o alumnado teña acceso a ditos recursos. Empregaranse diversas fontes bibliográficas así como as plataformas da Biblioteca da Universidade da Coruña.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías