Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Procesos de Terapia Ocupacional
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Procesos de Terapia Ocupacional Código 653G01204
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
Profesorado
Ávila Álvarez, Adriana Ivette
Dacuña Vázquez, Inés
Veiga Seijo, Silvia
Correo electrónico
adriana.avila.alvarez@udc.es
ines.vazquez3@udc.es
silvia.veiga.seijo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura pretende el desarrollo de competencias que permitan al alumnado comprender y aplicar los conocimientos relacionados con el proceso de intervención en Terapia Ocupacional. Descriptor: Conocimiento de los fundamentos teóricos y principios filosóficos, modelos, metodologías, técnicas, evaluaciones y valoraciones de Terapia Ocupacional necesarios para reconocer e interpretar los procesos de terapia ocupacional en diversos contextos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxias *Metodoloxías docentes que se manteñen - Aprendizaxe colaborativa - Discusión dirixida - Lecturas - Traballos tutelados - Estudo de casos - Sesión maxistral (realizarase mediante Teams) - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Ante un escenario de non presencialidade: - Suprímense as Prácticas de laboratorio, debido a que non se poden facer presencialmente. Manterase unha sesión semanal virtual con cada grupo de prácticas de laboratorio, adaptando os contidos a dita modalidade. - Ademais, en dito escenario de non presencialidade, introduciríanse en caso preciso: o Debate virtual: Técnica de dinámica de grupos que xira en torno a unha discusión onde as persoas dialogan sobre un tema específico seguindo un esquema previsto. Intervén un moderador, que leva o debate. Desenvólvese a través dun contorno virtual de aprendizaxe, puidendo empregarse o Chat que ofrece Moodle ou as videochamadas mediante Teams. o Foro virtual: Espazo de discusión informal destinado aos estudantes para o tratamento dun tema ou problema, que se desenvolve a través dun contorno virtual de aprendizaxe mediante ferramentas de comunicación asíncrona (foro). Ambas dúas metodoloxías non serán avaliadas, senon que serán empregadas para facilitar a consecunción dos obxectivos ensinanza-aprendizaxe. Serán metodoloxías compartidas coa discusión dirixida pero que se amoldan mellor á ensinanza virtual (non presencial). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Para levar a cabo as metodoloxías docentes e realizar un seguimento individualizado non presencial do alumnado, propoñeranse as seguintes plataformas: - Teams: estimase realizar 2 sesións semanais cumprindo co establecido no calendario académico. Realizaríase unha sesión semanal con todo o grupo clase e unha sesión para cada un dos grupos de traballo (TGR), en función da quenda de cada grupo. Desta forma, facilitase a explicación dos contidos teóricos para todo o grupo e así mesmo realizase un seguimento individualizado de cada grupo cos seus respectivos traballos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Ademais, Teams será empregado para realizar titorías virtuais individualizadas co alumnado. Será preciso que o/a alumno/a interesado realice unha petición previa por correo electrónico ás docentes da materia en caso de ter dúbidas concretas e de precisar resolvelas individualmente. Así mesmo, en caso de ser preciso, o profesorado indicará a necesidade de realizar atención personalizada en pequenos grupos ou de maneira individualizada, según proceda. - Moodle: o alumnado dispoñerá na plataforma do material empregado durante o curso académico. Cada semana actualizaranse os temas correspondentes mediante píldoras formativas (contido audiovisual desenvolto polos/as docentes). Tamén usaremos a ferramenta “Mensaxes” para poder realizar unha comunicación o máis indivdiualizada posible co alumnado interesado. Os foros virtuais serán de axuda para facer comunicados xerais sobre a materia a todo o alumnado, así como para a resolución común de dúbidas. - Correo electrónico: empregarase para informar ao alumnado sobre as adaptacións realizadas para facer o proceso de avaliación da segunda convocatoria en modalidade non presencial. Os/as estudantes empregarán o correo electrónico para comunicarse coas docentes e poder resolver calquera dúbida relacionada coa segunda oportunidade e a súa avaliación. 4. Modificacións na avaliación - presentación oral e por escrito/Traballo Tutelado: 40% - presentación oral e por escrito Estudo de casos: 30% - Portafolios: 30% *Observacións de avaliación: - Obter un mínimo dun 50% en cada unha das metodoloxía esixidas. - Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. A documentación facilitarase mediante a plataforma Moodle e as lecturas necesarias serán dixitalizadas para facilitar que o alumnado teña acceso a ditos recursos. Empregaranse diversas fontes bibliográficas así como as plataformas da Biblioteca da Universidade da Coruña.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes