Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Occupational Therapy Processes
   Contents
Topic Sub-topic
Tema 1.- Razoamento clínico e comunitario en Terapia Ocupacional

Diferentes tipos de razoamento
Tema 2.- Implicacións dos fundamentos teóricos xerais para o/s proceso/s de Terapia Ocupacional Articulación e aplicación dos fundamentos teóricos xerais no proceso de Terapia Ocupacional:
- Marcos de Referencia Teóricos Primarios.
- Modelos de Práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo de adaptación a través da ocupación, Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional da Asociación Estadounidense de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso, etc.
- Posibles articulacións con distintos conxuntos de técnicas.
- Ciencia da ocupación/ ciencia ocupacional.
- Práctica baseada na evidencia.
- Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde.

Tema 3.- Estándares para a práctica clínica e comunitaria de Terapia Ocupacional 3.1.- Definicións:
- Conceptualización dos estándares segundo diversas/os autoras/es
- A relación dos estándares da terapia ocupacional nos diversos eidos: sociosanitarios e comunitarios.

3.2.- Estándares para a práctica no proceso da Terapia Ocupacional:

3.2.1.- Derivación aos servizos de Terapia ocupacional:
- Derivación.
- Screening/avaliación inicial.
- Aceptación.
- Rexistro e documentación.

3.2.2.- Avaliación ocupacional (e re-avaliacións continuadas en todo o proceso):
- Principios xerais da avaliación ocupacional.
- Perfil ocupacional e análise do desempeño ocupacional.
- Tipos de avaliación ocupacional.
- Técnicas cualitativas e cuantitativas.
- Ferramentas de avaliación estandarizadas e non estandarizadas.
- Aplicación a contextos, áreas e habilidades relevantes para o desempeño ocupacional.
- Análise, interpretación e resumo dos resultados obtidos (diagnóstico ocupacional, disfunción ocupacional, desequilibrio ocupacional, inxustiza ocupacional, etc.).
- Rexistro, documentación e comunicación.

3.2.3.- Principios básicos da planificación de metas e obxectivos en colaboración e consenso coa persoa/s, grupo/s e poboación/s e coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT.
- Rexistro, documentación e comunicación.

3.2.4.- Plan de intervención:
- Deseño consensuado terapeuta ocupacional, usuaria/o/s e familia.
- Coñecemento e aceptación por parte da/o/s usuaria/o/s.
- Tipos de Intervención: individual e grupal.

-Principios fundamentais do traballo nas áreas de ocupación, contexto e/ou con persoa/s, grupo/s, comunidade/s; empregando a ocupación/actividade significativa en colaboración co/a usuaria/o, familia, profesionais.

-Análise terapéutica da actividade: Características da actividade en Terapia Ocupacional, requisitos previos, guía da análise da actividade, adaptación e gradación da actividade, valoración terapéutica dos resultados da análise e aplicación da actividade.

- Rexistro, documentación e comunicación.

-Métodos, técnicas e habilidades aplicadas en Terapia Ocupacional:
- Habilidades de comunicación no contexto sociosanitario.
- Introdución ao proceso psicomotriz; ludoterapia; uso
terapéutico da música en Terapia Ocupacional; introdución
á Terapia asistida con animais; outros métodos e técnicas.
- Principios xerais das técnicas artesanais, culturais, actividades da
vida diaria, entre outras.
- Consideracións iniciais do traballo en grupo en Terapia
Ocupacional.

3.2.5.- Resultados obtidos da aplicación da intervención:
- Re-avaliación ocupacional.
- Análise, interpretación e resumo dos resultados.
- Rexistro, documentación e comunicación.

3.2.6.- Finalización dos servizos de terapia ocupacional e seguimento do usuario.
- Derivación e recomendacións
- Rexistro, documentación e comunicación

3.2.7.- Xestión e valoración dos servizos prestados en terapia ocupacional: Principios de organización dos servizos, recursos humanos e materiais, seguridade dos usuarios e do profesional, valoración do servizo prestado, enquisas de satisfacción da/o/s usuaria/o/s, familia e outras partes implicadas e rexistro da información. Introducción aos ODS e a pegada ecolóxica
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes