O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honor (Graciable).
Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela
estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas
actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia
de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser
cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o
proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou
b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A
consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias
que a/o estudante ten por materia.
Con carácter xeral, a avaliación das materias será continua ao
longo do curso, sen prexuízo do indicado nas memorias de verificación da
titulación. A cualificación final será consecuencia dos resultados globais
obtidos en todas as actividades de avaliación. Como norma xeral incluirase unha
actividade de avaliación para realizar nas datas establecidas no calendario
académico oficial. Esta actividade tamén poderá establecerse como proba global
de avaliación dos resultados de aprendizaxe ou, no seu caso, formar parte do
proceso de avaliación continua. As guías docentes deberán establecer a
ponderación das distintas actividades de avaliación e, no seu caso, da proba
global, no marco que o centro puidese establecer.
Se valorará a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as
horas presenciais das metodoloxías establecidas na materia.
Para aprobar a materia, a/o estudante debe participar activamente
nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada
unha das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da matera. Ademais,
será necesario ter unha cualificación mínima de 1.75 (sobre 3.5) puntos na
proba mixta, e só se terán en conta para a cualificación final as notas das outras
metodoloxías, se o/a alumna/conséguea dita puntuación na proba mixta. En caso
contrario, a nota da convocatoria corresponderá á nota obtida na proba mixta.
As notas obtidas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa
cualificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobada e
superada a proba mixta.
Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as
estudantes de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno
do 22/05/2012), cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula
a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de
carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no
artigo 4 (apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao
proceso de avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos
diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa.
Por tanto, a concesión á solicitude de dita
flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica
do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de
avaliación das materias.