Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A3 B2 B3 B4 B6 B10 B12 B17 B26 B31 B36 B37 Avaliación na modalidade de Proba mixta. 5
Estudo de casos B5 B7 B11 B28 Estudo de casos ou fórmulas similares individuais ou grupales/profesor sobre 1 punto.
Total: 3 puntos.


30
Proba mixta B8 B9 B13 B16 B29 - Exame final:
A. O Prof. Antonio Núñez Pérez avaliará sobre 7 puntos no seu parte de exame.

B. O Prof. Sergio Santos del Riego avaliará sobre 3.5 puntos no seu parte de exame.

C. O Prof. José Luís Rodríguez Villamil avaliará sobre 3.5 puntos no seu parte de exame.

A nota final do exame será a media da con B+C, sobre 7 puntos, unha vez revisadas as respectivas cualificacións por cada profesor.
Necesitarase unha cualificación media igual ou maior a 3.5 puntos para sumar coas cualificacións da avaliación continua.
Se fose inferior a 3.5 puntos, a cualificación final da materia será de Suspenso/a.
65
 
Observacións avaliación
CUALIFICACIÓN DA MATERIA

AVALIACIÓN CONTINUA: 30%
- Sobre 1 punto, traballo de grupo fóra de clase de carácter preferentemente práctico (estudo de casos, entrevistas, simulacións, entre outros) ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica organizada en "actividades iniciais" e avaliada ao final da materia nos termos que expoña.
- Sobre 1 punto, avaliación de casos clínicos ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica que organizará e explicará o Prof. José Luís Rodríguez Villamil ao comezo das súas clases
- Sobre 1 punto, traballo de grupo ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica que organizará e explicará o Prof. Antonio Núñez Pérez ao comezo das súas clases
2.- EXAME: 70%
A. O Prof. Antonio Núñez Pérez avaliará sobre 7 puntos no seu parte de exame
B. O Prof. José Luís Rodríguez Villamil avaliará sobre 7 puntos no seu parte de exame
A nota final do exame será a media da con A+B, unha vez revisadas as cualificacións por cada profesor. Necesitarase unha cualificación media igual ou maior a 3.5 puntos para sumar coas cualificacións da avaliación continua. Se fose inferior a 3.5 puntos, a cualificación final da materia será de Suspenso/a.
3.- INFORMACIÓN SOBRE A CUALIFICACIÓN FINAL
- En relación coa convocatoria/curso, realizarase só un exame final, co tres partes, na primeira oportunidade e outro na segunda oportunidade (Xullo) para preservar a equidade no trato cos estudantes
- Na primeira oportunidade, o exame realizarase en data próxima á finalización das clases da materia, caso de contar coa aprobación dos órganos colexiados universitarios pertinentes, a efectos de garantir que os estudantes adquiran as competencias desta materia con anterioridade á impartición completa das materias aplicadas do ciclo vital.
- A materia compórtase e avalía como un todo: só computará a cualificación media global do exame, non as cualificacións individuais de cada profesor.
- O profesor responsable da materia determina o prazo de entrega das cualificacións revisadas do resto de profesores da materia, elabora e expón publicamente a cualificación final nun prazo determinado para consideración polos estudantes e realiza as últimas matizacións de calidade, contexto e institucionais previamente á introdución das cualificacións finais de cada estudante na aplicación informática en prazo oficial.
- A non realización dalgunha metodoloxía de avaliación continua polo estudante cualificarase como non presentado/a (NP) e repercutirá na cualificación final como NP, de igual forma considerarase a non realización dalgunha das partes do exame.
- O estudante ten dereito a ter unha cualificación numérica na avaliación continua, en ambas as oportunidades, nas condicións específicas que cada profesor estime, moi especialmente na segunda oportunidade de Xullo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes