Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil | Código | 653G01205 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | A3 B2 B3 B4 B6 B10 B12 B17 B26 B31 B36 B37 | Avaliación na modalidade de Proba mixta. | 5 |
Estudo de casos | B5 B7 B11 B28 | Estudo de casos ou fórmulas similares individuais ou grupales/profesor sobre 1 punto. Total: 3 puntos. |
30 |
Proba mixta | B8 B9 B13 B16 B29 | - Exame final: A. O Prof. Antonio Núñez Pérez avaliará sobre 7 puntos no seu parte de exame. B. O Prof. Sergio Santos del Riego avaliará sobre 3.5 puntos no seu parte de exame. C. O Prof. José Luís Rodríguez Villamil avaliará sobre 3.5 puntos no seu parte de exame. A nota final do exame será a media da con B+C, sobre 7 puntos, unha vez revisadas as respectivas cualificacións por cada profesor. Necesitarase unha cualificación media igual ou maior a 3.5 puntos para sumar coas cualificacións da avaliación continua. Se fose inferior a 3.5 puntos, a cualificación final da materia será de Suspenso/a. |
65 |
Observacións avaliación | |||
CUALIFICACIÓN DA MATERIA
AVALIACIÓN CONTINUA: 30% - Sobre 1 punto, traballo de grupo fóra de clase de carácter preferentemente práctico (estudo de casos, entrevistas, simulacións, entre outros) ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica organizada en "actividades iniciais" e avaliada ao final da materia nos termos que expoña. - Sobre 1 punto, avaliación de casos clínicos ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica que organizará e explicará o Prof. José Luís Rodríguez Villamil ao comezo das súas clases - Sobre 1 punto, traballo de grupo ou outra fórmula, segundo metodoloxía específica que organizará e explicará o Prof. Antonio Núñez Pérez ao comezo das súas clases 2.- EXAME: 70% A. O Prof. Antonio Núñez Pérez avaliará sobre 7 puntos no seu parte de exame B. O Prof. José Luís Rodríguez Villamil avaliará sobre 7 puntos no seu parte de exame A nota final do exame será a media da con A+B, unha vez revisadas as cualificacións por cada profesor. Necesitarase unha cualificación media igual ou maior a 3.5 puntos para sumar coas cualificacións da avaliación continua. Se fose inferior a 3.5 puntos, a cualificación final da materia será de Suspenso/a. 3.- INFORMACIÓN SOBRE A CUALIFICACIÓN FINAL - En relación coa convocatoria/curso, realizarase só un exame final, co tres partes, na primeira oportunidade e outro na segunda oportunidade (Xullo) para preservar a equidade no trato cos estudantes - Na primeira oportunidade, o exame realizarase en data próxima á finalización das clases da materia, caso de contar coa aprobación dos órganos colexiados universitarios pertinentes, a efectos de garantir que os estudantes adquiran as competencias desta materia con anterioridade á impartición completa das materias aplicadas do ciclo vital. - A materia compórtase e avalía como un todo: só computará a cualificación media global do exame, non as cualificacións individuais de cada profesor. - O profesor responsable da materia determina o prazo de entrega das cualificacións revisadas do resto de profesores da materia, elabora e expón publicamente a cualificación final nun prazo determinado para consideración polos estudantes e realiza as últimas matizacións de calidade, contexto e institucionais previamente á introdución das cualificacións finais de cada estudante na aplicación informática en prazo oficial. - A non realización dalgunha metodoloxía de avaliación continua polo estudante cualificarase como non presentado/a (NP) e repercutirá na cualificación final como NP, de igual forma considerarase a non realización dalgunha das partes do exame. - O estudante ten dereito a ter unha cualificación numérica na avaliación continua, en ambas as oportunidades, nas condicións específicas que cada profesor estime, moi especialmente na segunda oportunidade de Xullo. |
|