Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional Código 653G01206
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Pousada Garcia, Thais
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
Profesorado
Pousada Garcia, Thais
Santos del Riego, Sergio Eduardo
Correo electrónico
thais.pousada.garcia@udc.es
sergio.santos.delriego@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura persigue a adquisición e o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa ergonomía, accesibilidade, deseño universal e adaptación funcional con perspectiva rehabilitadora e ocupacional. Descritores: Fundamentos da autonomía persoal nas actividades da vida diaria con e sen adaptacións e/ou produtos de apoio. Terapia Ocupacional para a integración do individuo no seu entorno. Aplicación da actividade ocupacional e estudo ergonómico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen • Sesión maxistral • Aprendizaxe colaborativa (con atención personalizada) (Computa na avaliación). Realizarase de xeito online, a través da plataforma TEAMS (mantendo a rotación dos grupos e o rexistro da asistencia e participación do alumnado) • Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican • Proba Mixta: Só no caso excepcional dunha nova situación de confinamento, a única metodoloxía que se modifica nesta materia, na forma de imprementala sería a “proba mixta”. • A proba mixta cambiarase pola metodoloxía de “proba oral” o de “exame escrito online”, segundo as especificacións e dotacións tecnolóxicas dispoñibles no momento. • Na data establecida para a proba mixta da materia (aprobada en Xunta de Facultade), os docentes indicarán nunha listaxe de estudantes que poden realizar a proba e se lles enviará (cunha antelación suficiente) as instrucións para realizar a proba oral ou exame escrito online, segundo o caso. • Os docentes realizarán a proba oral con preguntas curtas. • De facer a proba oral, a duración da proba será de aprox 15 minutos e posibilidade de comentar ao final brevemente cos docentes calquera dúbida xurdida durante a mesma. • De facer o exame escrito online, o tempo máximo da proba será de 2 horas, e será de tipo sincrónico, debendo conectarse todos estudantes de forma que garantan un correcto funcionamento da proba na sala virtual e estando presente uno ou os dos profesores presentes. • A plataforma elixida nos dous casos será TEAMS. • A proba será gravada. De houber problemas coa conexión dos estudantes, analizarase cada caso e se lle dará unha solución alternativa na hora ou na forma de conexión para realizar a proba. De houber problemas coa conexión dos estudantes, analizarase cada caso e se lle dará unha solución alternativa na hora ou na forma de conexión para realizar a proba. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta Temporalización MOODLE Diariamente. Todas as comunicacións oficiais da materia e os cambios relevantes serán comunicados a través da plataforma de teleformación. Todos os contidos da materia serán colgados na plataforma Todos os traballos realizados polos estudantes serán entregados a través da tarefa específica no Moodle da materia. TEAMS Será a plataforma elixida para realizar as sesións maxistrais, dos TGR, así como a exposición dos traballos da “aprendizaxe colaborativa”. Utilizarase na data do exame para tal efecto. Manteranse os horarios indicados ó principio de curso para a materia (todos os mércores) EMAIL Estará á disposición dos estudantes matriculados, no momento en que eles o precisen, para que se poñan en contacto cos docentes e fagan as consultas que desexen. STREAM É o espazo na nube no que se ubicarán os vídeos gravados das sesións maxistrais e de laboratorio. 4. Modificacións na avaliación: Non se contemplan: Metodoloxía Peso na cualificación Descrición Aprendizaxe colaborativa 50% Avaliación continua (clases virtuais en TEAMS): - Rúbrica de avaliación do alumno polos profesores da materia: Pousada García e Santos del Riego, salvo excepción motivada ou necesidade sobrevenida. A rúbrica presentarase ao comezo do curso. A avaliación do alumno / docente avaliará: - O traballo individual realizado e presentado individualmente por cada alumno, segundo o sorteo do tema e cronograma coa presenza de dous profesores (tribunal). (3,5 puntos) - A participación proactiva do alumno na materia, tanto a súa participación como membro do tribunal dos traballos dos seus compañeiros, así como as habilidades para a vida. Rúbrica 5 puntos (media de ambos os profesores en cinco puntos) Proba oral / Exame escrito online 50% Proba teórica con preguntas curtas (5 puntos) *Observacións de avaliación: REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (Proba oral e Aprendizaxe colaborativa). 3. Entregar e expoñer os traballos na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes