Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquisición dos coñecementos teóricos previos na práctica sobre ergonomía, accesibilidade e deseño universal. Fundamentación teórica da Terapia Ocupacional na intervención sobre o medio: influencia do contorno sobre a ocupación humana. A2
A11
B31
Adquisición de destrezas de observación e análise do medio: avaliación das condicións do medio social no que as personas desenvolven as súas ocupacións e da interacción establecida entre os condicionantes individuais, os facilitadores/obstáculos do contorno e as demandas da actividade, promovendo a sostenibilidade medio-ambiental. A11
A19
B3
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade: planificación dun proceso estruturado de intervención (valoración, asesoramento/propostas de mellora, rexistro) e deseño de contornos favorables e sostibles á ocupación e potenciadores da autonomía. A8
A11
B3
Potenciación de habilidades e rigor técnico para o rexistro da información procedente da intervención: desenvolvemento de destrezas de comunicación con outros profesionais e con usuarios, e aprendizaxe para a elaboración de informes técnicos. A11
B8
B24
C1
Fomento dunha perspectiva social: situar ao estudantantado nun tipo de intervención comunitaria, potenciando a colaboración con profesionais do ámbito do social e, en definitiva, promovendo a súa cooperación hacia a xustiza ocupacional de persoas saudables en contornos sostibles. A11
A12
B6
C4
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes