Teaching GuideTerm Faculty of Health Sciences |
Grao en Terapia Ocupacional |
Subjects |
Occupational Therapy for Personal Autonomy in Children and Adolescents |
Contents |
|
|
Identifying Data | 2020/21 | |||||||||||||
Subject | Occupational Therapy for Personal Autonomy in Children and Adolescents | Code | 653G01207 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Graduate | 2nd four-month period |
Second | Obligatory | 9 | ||||||||||
|
Topic | Sub-topic |
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde Terapia Ocupacional ó ciclo vital (Tema transversal do nivel intermedio do Título) |
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar. 1.2 Análise das principais ocupacións na infancia e adolescencia. 1.3 Análise dos recursos sociocomunitarios. 1.4 Análise dos medios de comunicación e valores. |
Tema 2.- Calidade de vida (Tema transversal do nivel intermedio do Título) |
2.1 Aproximación á calidade de vida desde Terapia Ocupacional. 2.2 Historia de vida. |
Tema 3.- Autores de referencia en Terapia Ocupacional: Infancia e Adolescencia | 3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico. 3.2 Análise e reflexión dos contextos históricos e socioculturais. |
Tema 4.-Rede de servizos: recursos existentes (ou por desenvolver) para a infancia e a adolescencia | 4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos. 4.2 Lexislación que afecta ó servizo e á súa práctica. 4.3 Habilidades, funcións e rol do terapeuta ocupacional. 4.4 Relación co equipo interdisciplinar. 4.5 Perfil das persoas usuarias. |
Tema 5.- Proceso de Terapia Ocupacional na infancia e adolescencia: Autonomía persoal e Participación | 5.1 Derivación. 5.2 Screening/valoración inicial. 5.3 Fundamentos teóricos relevantes para Terapia Ocupacional para a Promoción da Autonomía persoal na Infancia e Adolescencia e a súa aplicación: - Marcos de Referencia Teóricos Primarios. - Modelos de Práctica de Terapia Ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo de adaptación a través da ocupación, Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional da Asociación Estadounidense de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso, entre outros. - Articulación co conxunto de técnicas pertinente. - Ciencia da ocupación. - Práctica centrada na familia. - Práctica baseada na evidencia. - Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde. Infancia e adolescencia. 5.4 Avaliación ocupacional: - Perfil ocupacional e análise do desempeño. - Persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s. - Áreas de desempeño ocupacional. - Avaliación das contornas significativas: domicilio, centro educativo, centro de ocio e tempo libre e demais recursos comunitarios. - Barreiras e facilitadores do desempeño ocupacional, dos dereitos ocupacionais e saúde e benestar das persoas/grupos/comunidades. - Ferramentas estandarizadas e non estandarizadas. - Técnicas cualitativas e cuantitativas. 5.5 Planificación de metas e obxectivos en colaboración coa persoa/s, grupo/s, institución/s e poboación/s e coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT. 5.6 Planificación e intervención desde Terapia Ocupacional. - Consenso co/a usuaria/o, familia, profesionais, tendo en consideración as contornas significativas, as características e as prioridades da/o usuaria/o, as situacións de saúde de maior incidencia (por exemplo: parálise cerebral; parálise braquial obstétrica; discapacidades sensoriais; trastornos do desenvolvemento; trastornos da conducta alimentaria; trastornos da conducta; trastornos do estado de ánimo; drogodependencias); así coma situacións de vulnerabilidade social (pobreza, exclusión, inmigración/desprazamento forzado, violencia machista, entre outras.) que poden impactar negativamente no desempeño ocupacional e/ou producir situacións que comprometan os dereitos ocupacionais das persoas/grupos/comunidades. - Traballo nas áreas de ocupación empregando a ocupación/actividade significativa en colaboración co/a usuaria/o, grupo/s, poboación/s, familia, profesionais, entre outros. 5.7 Actuación nos factores ambientais que funcionan como facilitadores/barreiras de participación en ocupacións da infancia e adolescencia. Produtos de apoio, actitudes/crenzas, alianzas, etc. 5.8 Asesoría de terapia ocupacional cos infantes e adolescentes: persoa/s, grupo/s, comunidade/s e demais profesionais, familias, amigas/os e outros. 5.9 Planificación da alta, seguimento e/ou derivación. |
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da Calidade do servizo de Terapia Ocupacional: Infancia e Adolescencia | 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros). 6.2 Actualización permanente da/o profesional. |
|