Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A4 A7 A9 A12 A14 A17 A18 A35 B10 B12 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación coa modalidade de Proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A3 A6 A10 A11 A15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B11 B13 B16 B18 B26 B27 B35 B36 B37 Segundo criterios que establecerá a profesora ao principio do curso antes de comezar as clases.
As prácticas de Laboratorio son obligatorias. Se realizarán as férulas de xeito colaborativo cos compañeiros.
O traballo individual de cada estudante a avaliar será:
Férulas de: De quervaín, de reposo ou funcional, de túnel carpiano, de tenodese, de mallet e férula en I
Productos de apoyo:
Para actividades da vida diaria (3), ocio e tempo libre (2), traballo ou tarefas escolares (1).
Nesta metodoloxía avaliarase a participación voluntaria do estudantado na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo.
60
Proba mixta A2 A1 A3 A4 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A14 A15 A17 A18 A35 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B26 B27 B28 B29 B35 B36 B37 C4 C5 C6 C7 C8 Examen teórico con catro preguntas cortas (4 puntos) 40
 
Observacións avaliación

1.- AVALIACIÓN CONTINUA PRÁCTICA, Profª. Thais Pousada García, Puntuación: 60% (6 puntos). – 

PRÁCTICAS: Considerandos e Criterios de Avaliación: 

Sobre Material que deben achegar os estudantes: 

- Unha toalla, unhas tesoiras, un cartafol, folios, un metro, rotuladores (un indeleble), un cuter. 

- Coitelo, tenedor e culler, cepillo pelo, chaves, e outros obxectos que se informarán, para a realización de produtos de apoio. 

Sobre Laboratorio de Prácticas:

 - Asistencia obrigatoria e participar en actividades docentes. Calquera ausencia de causa maior debe ser avisada previamente e xustificada documentalmente a posteriori no prazo máis breve posible. 

- Recoñecer, manexar e traballar cos diferentes materiais termoplásticos. 

- Comprensión, desenvolvemento e realización no proceso de deseño de patróns.

 - Confección e elaboración de férulas con material termoplástico. 

- Confección e elaboración de produtos de apoio con material de baixo custo. 

- Deseño e impresión 3D dunha férula e dun produto de apoio

- Dedicación fóra do horario de clase como traballo persoal para a realización do portafolios. 

- Participación na proposta de Aprendizaxe – Servizo (Voluntario)

Sobre Resultado final, avaliación: 

- Férula de repouso ou férula funcional, Férula síndrome tunel carpiano, Férula de Quervain, Férula de tenodese, Férula de Mallet e Férula en I. 

- Produtos de Apoio e Adaptacións. 

- Portafolios cos patróns do realizado na materia e descrición de cada un das férulas e produtos elaborados, así como unha breve explicación teórica de cada un.

- Traballo de férulas e produtos de apoio realizados e presentados nunha caixa (precintada) con nome e apelidos do estudante. 

2.- TEORÍA: EXAME FINAL, Prof. Sergio Santos del Riego e Profª Thais Pousada García, Puntuación: 40% (4 puntos). 

- Valoración de coñecementos teóricos mediante proba escrita.

CUALIFICACIÓN FINAL: 

a.- Sumatorio das partes previamente expresadas, cos seguintes considerandos: 

- Na avaliación continuada práctica débese ter un mínimo de 4 puntos (sobre 6). Os estudantes que participen de forma voluntaria na metodoloxía de Arendizaxe-Servizo recibirán 1 punto adicional nesta parte.

- Na avaliación do exame final teórico será necesario un 2 (sobre 4) para realizar o sumatorio coa cualificación que se obteña da avaliación de prácticas. 

b.-As prácticas son obrigatorias. A ausencia en prácticas, sen xustificar ou xustificadas, dun número ou porcentaxe que establecerá a profesora ao comezo do curso sobre o total ou ben de horas ou ben de clases supón un non presentado ou un suspenso da materia, segundo contexto.* 

c.- O non presentado ou suspenso na parte práctica non impide presentarse á convocatoria da segunda edición (xullo). Nesta convocatoria realizarase, cun alto nivel de esixencia, un exame teórico-práctico, tribunal ou similar (sobre 6 puntos), a criterio da profesora, e un exame teórico (sobre 4 puntos), a criterio dos docentes. 

d.- Os profesores entregarán as súas cualificacións REVISADAS, segundo normativa legal vixente de revisións de exames, no prazo establecido polo profesor responsable da materia, que será a metade do prazo oficial marcado no Reitorado para o peche e firma de actas na aplicación informática.

e.- A responsable da materia realizará as últimas consideracións contextuais e institucionais e procederá á introdución das cualificacións finais na aplicación informática e á firma da acta. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable). 

*Segundo a normativa da UDC para os estudantes matriculados a tempo parcial (Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña - Consello de gobernó do 29 de maio do 2012), estes teñen dereito a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible, solicitando previamente a dispensa académica especial (art.4 apartado.5), non afectando negativamente ó proceso de avaliación do estudante.

Segundo os artigos 22 e 23 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudis de grao e mestrado universitario (Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017) garantirase o seguinte:

Art. 22: Publicidade das cualificacións: Para garantir o dereito a revisión nas probas orais, a nota será comunicada aos dous días lectivos seguintes á súa finalización, e a revisión estará baseada nos datos recollidos na acta e, no seu caso, nas evidencias gravadas, escritas e doutro tipo recollidas na súa realización.

Art. 23: Os estudantes terán dereito a revisar as actividades, os traballos e as probas que sirvan para a súa avaliación e a recibiren explicación razoada da cualificación que obtiveron.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes