Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A1 A4 A7 A9 A12 A14 A17 A18 A35 B10 B12 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliación coa modalidade de Proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A3 A6 A10 A11 A15 A33 B37 B36 B35 B27 B26 B18 B16 B13 B11 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 Segundo criterios que establecerá a profesora ao principio do curso antes de comezar as clases.
As prácticas de Laboratorio son obrigatorias. Realizaranse as férulas de xeito colaborativo cos compañeiros.
O traballo individual de cada estudante a avaliar será:
Férulas de: De quervaín, de reposo, de túnel carpiano, de tenodese, de mallet e férula en I
Productos de apoyo (un total de 6 dispositivos): Para actividades da vida diaria, ocio e tempo libre, traballo ou tarefas escolares.
Nesta metodoloxía avaliarase a participación voluntaria do estudantado na metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo.

No plan de continxencia da materia contémplase o traballo alternativo que debe realizar os estudantes nesta metodoloxía, mantendo o compoñente eminentemente práctico.
60
Proba mixta A2 A1 A3 A4 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A14 A15 A17 A18 A35 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B16 B18 B26 B27 B28 B29 B35 B36 B37 C4 C5 C6 C7 C8 Examen teórico con catro preguntas cortas (4 puntos) 40
 
Observacións avaliación

PRÁCTICAS: Considerandos
e Criterios de Avaliación: 

Os estudiantes deben
acudir as clases de “practicas de laboratorio” co seguinte material (de xeito
obrigado): 

- Unha toalla, unhas
tesoiras (de folla longa, non escolares), un cartafol, folios, un metro,
rotuladores (un indeleble), un cuter. 

- A mascarela deberá levarse
sempre, durante a duración da sesión de práctica de laboratorio, mentres esté
vixente a normativa actual.

- Coitelo, tenedor e
culler, cepillo pelo, chaves, e outros obxectos poidan ser de utilidade para
integralos no proceso de realización de produtos de apoio. 

Cada estudante
responsabilizarase do seu propio material, tendo en conta as normas básicas de
hixiene e limpeza de obrigado cumprimento nas instalacións da Facultade de
Ciencias da Saúde.

Sobre Laboratorio de
Prácticas:

 - Asistencia
obrigatoria e participar en actividades docentes. Calquera ausencia de causa
maior debe ser avisada previamente e xustificada documentalmente a posteriori
no prazo máis breve posible. 

- Recoñecer, manexar e
traballar cos diferentes materiais termoplásticos. 

- Comprensión,
desenvolvemento e realización no proceso de deseño de patróns.

 - Confección e
elaboración de férulas con material termoplástico. 

- Confección e
elaboración de produtos de apoio con material de baixo custo. 

- Deseño e impresión 3D
dunha férula e dun produto de apoio

- Dedicación fóra do
horario de clase como traballo persoal para a realización do portafolios. 

- Participación na
proposta de Aprendizaxe – Servizo (Voluntario)

- Limpeza e adecuación
do espazo de traballo unha vez rematada cada sesión de práctica de laboratorio
(poñeranse elementos de desinfección á disposición dos estudantes e da
docente).

Sobre Resultado final, esta
metodoloxía constitúe o 60% da nota da materia, constituindo parte da
avaliación os seguintes aspectos:

- Férula de repouso ou
férula funcional, Férula síndrome tunel carpiano, Férula de Quervain, Férula de
tenodese, Férula de Mallet e Férula en I. 

- Produtos de Apoio e
Adaptacións. 

- Portafolios cos
patróns do realizado na materia e descrición de cada un das férulas e produtos
elaborados, así como unha breve explicación teórica de cada un.

- Asistencia ás clases de
prácticas de laboratorio (mínimo do 75%).

- Participación durante o
desenvolvemento das clases

- Traballo de férulas e
produtos de apoio realizados e presentados nunha caixa (precintada) con nome e
apelidos do estudante. 


2.- TEORÍA: EXAME FINAL, Prof. Sergio Santos del Riego e Profª Thais Pousada García, Puntuación: 40% (4 puntos). 

- Valoración de coñecementos teóricos mediante proba escrita.

a.- Sumatorio das partes
previamente expresadas, cos seguintes considerandos: - Na avaliación
continuada práctica débese ter un mínimo de 4 puntos (sobre 6). Os estudantes
que participen de forma voluntaria na metodoloxía de Arendizaxe-Servizo recibirán
1 punto adicional nesta parte.- Na avaliación do exame
final teórico será necesario un 2 (sobre 4) para realizar o sumatorio coa
cualificación que se obteña da avaliación de prácticas. b.-As prácticas son
obrigatorias. A ausencia en prácticas, sen xustificar ou xustificadas, dun
número ou porcentaxe que establecerá a profesora ao comezo do curso sobre o
total ou ben de horas ou ben de clases supón un non presentado ou un suspenso
da materia, segundo contexto.* c.- O non presentado ou
suspenso na parte práctica non impide presentarse á convocatoria da segunda
edición (xullo). Nesta convocatoria realizarase, cun alto nivel de esixencia,
un exame teórico-práctico, tribunal ou similar (sobre 6 puntos), a criterio da
profesora, e un exame teórico (sobre 4 puntos), a criterio dos docentes. d.- Os profesores
entregarán as súas cualificacións REVISADAS, segundo normativa legal vixente de
revisións de exames, no prazo establecido polo profesor responsable da materia,
que será a metade do prazo oficial marcado no Reitorado para o peche e firma de
actas na aplicación informática.e.- A responsable da
materia realizará as últimas consideracións contextuais e institucionais e
procederá á introdución das cualificacións finais na aplicación informática e á
firma da acta. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación
numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de
setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de
créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de
carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de
cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente
9-10 Matrícula de Honra (Graciable). *Segundo a normativa da
UDC para os estudantes matriculados a tempo parcial (Norma que regula o réxime
de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña -
Consello de Goberno do 29 de maio do 2012), estes teñen dereito a un réxime de
asistencia a clase de carácter flexible, solicitando previamente a dispensa
académica especial (art.4 apartado.5), non afectando negativamente ó proceso de
avaliación do estudante.Segundo os artigos 22 e
23 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudis de grao e mestrado universitario (Modificada polo Consello de Goberno
de 29 de xuño de 2017) garantirase o seguinte:Art. 22: Publicidade das
cualificacións: Para garantir o dereito a revisión nas probas orais, a nota
será comunicada aos dous días lectivos seguintes á súa finalización, e a
revisión estará baseada nos datos recollidos na acta e, no seu caso, nas
evidencias gravadas, escritas e doutro tipo recollidas na súa realización.Art. 23: Os estudantes
terán dereito a revisar as actividades, os traballos e as probas que sirvan
para a súa avaliación e a recibiren explicación razoada da cualificación que
obtiveron.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes