Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Métodos Informáticos para persoas con Discapacidade
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para superar a materia é necesario a asistencia a clase. Tamén é necesario obter polo menos o 50% de valor de cada proba para superar a materia.

A non asistencia implica realizar o exame e entregar as prácticas desenvolvidas durante o curso (incluida a práctica especial, traballo tutelado)

É necesario dispor de acceso á plataforma de Moodle para cursar esta materia. 

As prácticas serán no Lab. de Radioloxía e Accesibilidade situado no edificio de Oza, na segunda planta. 

SOSTENIBILIDADE

Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.  b.- De realizarse en papel:  - Non se empregarán plásticos.  - Realizaranse impresións a dobre cara.  - Empregarase papel reciclado.  - Evitarase a realización de borradores.

 

RECOMENDACIONES POSIBLE PLAGIO TRABAJOS 
Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do/a alumno/a do título cursado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes