Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa observación e a análise das contornas dende a Terapia Ocupacional e a intervención da/o terapeuta ocupacional nas mesmas.
Descriptor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando adecuadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta/e profesional en diferentes contornas, centros, hospitais, asociacións, institucións, grupos sociais e poboacionais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Non se realizan cambios. Sesión maxistral, Estudo de casos, Saídas de campo, Simulación e Lecturas.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As Saídas de campo e a Simulación adaptaranse ao cumprimento, por parte do alumnado, da lexislación vixente en cada momento en relación á unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde. Así, as Saídas de campo desenvolveranse na contorna próxima de forma supervisada e/ou titorizada polo profesorado da materia e a simulación empregando a ferramenta Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento da materia.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
– Teams: para a docencia expositiva (grupo grande) e para as sesións de Saídas de campo e Simulación (grupos pequenos). As actividades realizaranse na franxa horaria estabelecida no horario oficial, de acordo ás quendas e grupos correspondentes.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación non sufrirá cambios cuantitativos: Estudio de casos (30%), Saída de campo (35%), Simulación (25%) e Lecturas (10%). Poden modificarse as entregas grupais por individuais ante unha posible declaración de estado de alarma e/ou outra normativa aprobada por razóns de protección da saúde, e co fin de facilitar o proceso de aprendizaxe ao alumnado.
*Observacións de avaliación:
Para superar a materia, é necesario participar no 85% das sesións de Saída de campo e Simulación, permitindo a non participación nun máximo do 15%. Este é un criterio requirido para aprobar a materia, non valorable.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Os materiais de traballo estarán dispoñibles de forma dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías