Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Integración dos coñecementos teóricos previos á práctica relacionados coa accesibilidade, o deseño universal e a inclusión. Aproximación ao corpo teórico que dá base á intervención de Terapia Ocupacional sobre o contorno: impacto do medio sobre a ocupación humana. A8
A10
A11
A19
Adquisición de destrezas de observación e análise da contorna: identificación das condicións da contorna que actúan como facilitadores ou como barreras en relación ás caracterísitcas da poboación e ás demandas da actividade (valoración do equilibrio individuo/ambiente/ocupación). A8
A11
B3
B8
B9
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade, deseño universal e inclusión: planificación da intervención (valoración, plan de mellora/intervención, rexistro), deseño de contornas facilitadoras para a autonomía (a nivel individual e colectivo) e elaboración de propostas de asesoramento reais e efectivas. A6
A8
A11
B3
B8
B31
Potenciación de habilidades e rigor técnico para o rexistro da información procedente da intervención: recoñecemento da importancia do rexistro das actividades realizadas, adquisición de rigor técnico na linguaxe empregada na comunicación co equipo profesional e cos/coas usuarios/as, elaboración de informes técnicos. A11
B7
B8
B15
C1
Desenvolvemento dunha perspectiva social: situar ao alumnado nun tipo de intervención na contorna comunitaria, promovendo a colaboración con outras/outros profesionais do ámbito do social, facilitando a súa intervención no medio natural do individuo e en definitiva, comprometéndose a promover a xustiza ocupacional. A11
A12
A17
B6
B11
B15
B31
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes