Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico do alumnado e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.

Esta metodoloxía desenvolverase online mediante a ferramenta Teams.


Estudo de casos Metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto, a través dun proceso de discusión. A/o alumna/o sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo á contorna académica relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades e competencias relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida, a anñalise de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.

Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas polas/os docentes e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.

Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno (de natureza física, técnica ou psicolóxica, ou social, entre outros) que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse á persoa ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias ante situacións concretas. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes