Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Estancias Prácticas II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos estudos de casos. 10
Estudo de casos A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas 30
Saídas de campo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria.
Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañada polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma, tendo en conta a observación realizada das contornas, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornas reais para que faciliten a autonomía.
CARÁCTER OBRIGATORIO.
35
Simulación A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase: a puntualidade, a responsabilidade, a iniciativa, o interese, a actitude ante as normas, a relación co equipo, a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. A asistencia será obrigatoria. 25
 
Observacións avaliación
A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e avaliación inicial, a planificación da intervención sobre a/s contorna/s, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a realizar pola/o alumna/o (de forma individual ou en parella), e nun horario de asistencia á clase cos/coas docentes da materia, no que se abordarán os contidos teóricos, realizarase  a práctica planificada, e titorizarase a práctica autónoma da/o alumna/o. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo como o presencial. Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada na/o alumna/o, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia.

Para aprobar a materia, a/o estudante debe participar activamente nas metodoloxías propostas, entregar todos os traballos e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia.

A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL, PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15%

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao a Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4(apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de
avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa.

Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honor (Graciable).

Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes