Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Estancias Prácticas III |
Recomendacións |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Prácticas III | Código | 653G01211 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 5 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente | ||
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.- Para a correcta planificación das Estadías Prácticas, realizaranse, de forma previa ó comezo da materia (segundo o calendario oficial), varias reunións de coordinación académica: -Actividades iniciais: Establecemento de grupos de prácticas e elaboración de rotatorios: Reunión da coordinadora da materia cos/as alumnos/as matriculados/as para a presentación dos recursos de prácticas e organización dos grupos de estudantes. - Coordinación da docencia: Encontro entre a coordinadora da materia e os/as profesores/as e titores/as terapeutas ocupacionais dos recursos de prácticas, previo ó inicio e despois da finalización das mesmas. 4.- Normas mínimas: Os/as alumnos/as deberán cumprir unhas normas xerais básicas de uniformidade, identificación persoal, puntualidade e respecto ós/ás usuarios/as, profesionais e instalacións do recurso de prácticas. Ademais, deberanse respectar as pautas mínimas específicas que cada centro estableza para o correcto desenvolvemento das estadías prácticas. 5.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. 6.- Debido á situación actual de COVID-19, será preciso respectar o plan de seguridade ou continxencia de cada centro de prácticas. Con todo, o alumnado deberá cursar de forma presencial, como mínimo, o 50% das horas. Así mesmo, para aprobar a materia o estudantado terá que superar todas as metodoloxías propostas. |
|