Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física |
Contidos |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física | Código | 653G01303 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 7.5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Tema 1.- Marco conceptual: Contextualización e razoamento introdutorio desde terapia ocupacional ao ciclo vital (Tema transversal do nivel intermedio do Título) |
1.1 Análise das necesidades de saúde e benestar. 1.2 Análise das principais ocupacións na persoa adulta. 1.3 Análise dos recursos sociocomunitarios. 1.4 Análise dos medios de comunicación e valores. |
Tema 2.- Calidade de vida (Tema transversal do nivel intermedio do Título) |
2.1 Aproximación á calidade de vida desde terapia ocupacional. |
Tema 3.- Autoras/es de referencia en terapia ocupacional: Adulta/o I | 3.1 Comprensión do desenvolvemento teórico. 3.2 Análise e reflexión dos contextos históricos e socioculturais. |
Tema 4.-Rede de servizos: Recursos existentes (ou por desenvolver) para a/o Adulta/o I |
4.1 Características e enfoques dos diferentes dispositivos. 4.2 Lexislación que afecta ao servizo e á súa práctica. 4.3 Habilidades, funcións e rol da/o terapeuta ocupacional. 4.4 Relación co equipo interdisciplinar. 4.5 Perfil das persoas usuarias. |
Tema 5.- Proceso de terapia ocupacional na/o Adulta/o I: Autonomía persoal e participación social (Tema transversal do nivel intermedio do Título) |
5.1 Derivación. 5.2 Screening e valoración inicial. 5.3 Fundamentos teóricos relevantes para Terapia ocupacional na promoción da autonomía persoal na/o adulta/o e a súa aplicación: - Marcos de referencia. - Modelos de práctica de terapia ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, e Marco de Traballo para a Práctica de Terapia Ocupacional: Dominio e Proceso (AOTA). - Articulación co conxunto de técnicas pertinente. - Práctica centrada na persoa. - Práctica baseada na evidencia. - Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (OMS). 5.4 Avaliación ocupacional: - Perfil ocupacional e análise do desempeño. - Persoa(s), grupo(s), institución(s) e poboación(s). - Áreas de desempeño ocupacional. - Avaliación das contornas significativas: fogar, centro laboral, centro de ocio e tempo libre e demais recursos comunitarios. - Barreiras e facilitadores do desempeño ocupacional, dos dereitos ocupacionais e da saúde e benestar. - Ferramentas estandarizadas e non estandarizadas. 5.5 Planificación de metas e obxectivos coa(s) persoa(s), grupo(s), institución(s) e poboación(s); coordinación co equipo interdisciplinar. Metodoloxía SMART/SMORT. 5.6 Intervención desde terapia ocupacional. - Consenso coa persoa, familiares e profesionais, tendo en consideración as contornas significativas, as características e as prioridades da persoa, así como as situacións de saúde de maior incidencia que poden causar disfunción ocupacional (dano cerebral, lesión medular, enfermidades dexenerativas, artroplastias, afeccións osteoarticulares, traumatolóxicas, cardíacas, oncolóxicas e outras de carácter orgánico). - Consideración das situacións de vulnerabilidade que poden impactar negativamente no desempeño ocupacional e/ou producir situacións que comprometan os dereitos ocupacionais. - Traballo nas áreas de ocupación empregando a ocupación/actividade significativa, en colaboración coa persoa usuaria, a súa familia e outras/os profesionais. Técnicas para a adaptación funcional das actividades da vida cotiá: economía articular, hixiene postural, simplificación do traballo e conservación da enerxía. 5.7 Actuación nos factores ambientais que funcionan como facilitadores/barreiras da participación en ocupacións na persoa adulta: produtos de apoio, adaptacións funcionais do contorno, ferramentas tecnolóxicas, etc. 5.8 Asesoría de terapia ocupacional na etapa adulta do ciclo vital. 5.9 Planificación da alta, seguimento e/ou derivación. |
Tema 6.- Deseño, xestión, planificación e avaliación da calidade do servizo de terapia ocupacional: Adulta/o I | 6.1 Dirección de recursos, estudos de custo, planificación, administración e coidado dos servizos e equipamentos nos eidos sanitarios e comunitarios (domiciliario, formativo, laboral, entre outros). 6.2 Actualización permanente da/o profesional. |
|