Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Subjects
  Occupational Therapy for personal autonomy in adults with physical disabilities
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A7 A9 A13 A14 A15 A19 A20 A24 A29 B3 B24 C4 C7 Valorarase a capacidade do alumnado para integrar de forma activa os conceptos e procedementos impartidos na clase ao mesmo tempo que demostra, de forma progresiva, a integración das competencias da materia. A súa avaliación realizarase a través da elaboración dun Mapa conceptual. 5
Laboratory practice A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 A14 A15 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C7 A asistencia será obrigatoria.
Valorarase: 1) actitude colaborativa (implicación co grupo, coas tarefas e co desenvolvemento xeral do laboratorio); participación (interacción empática, proactiva, analítica e construtiva); respecto (ás persoas participantes no grupo, docentes e normas de funcionamento do laboratorio); e a responsabilidade (consigo mesma/o e/ou co grupo, tanto na preparación dos traballos realizados durante o laboratorio como no proceso de ensino-aprendizaxe); 2) asemade, valoraranse os traballos individuais e/ou grupais solicitados vinculados ao desenvolvemento da metodoloxía.
30
Case study A7 A8 A9 A10 A13 A14 A15 A18 A19 A20 A23 A24 A29 B3 B4 B9 B24 C4 Nesta metodoloxía, valorarase tanto o proceso de traballo como o resultado e a súa presentación (oral e/ou escrita). Por tanto, terase en conta a evolución do alumnado durante o traballo, a xestión da información e interrogantes xurdidos, o traballo en grupo (nos casos que corresponda), así como a integración das competencias da materia e a reflexión sobre todo o proceso de aprendizaxe. En canto ao contido, valorarase que o caso sexa coherente co proceso de terapia ocupacional nun contexto concreto, articulando as especificidades da(s) persoa(s), poboación(s), as súas ocupacións e contornas, é dicir, mantendo o foco no desempeño ocupacional. Para iso, terase en conta a aplicación coherente dos modelos de práctica de terapia ocupacional: Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo de Ocupación Humana, Modelo Kawa, Modelo Persoa-Contorno-Ocupación, entre outros. Finalmente, na presentación (oral e/ou escrita) valorarase a argumentación, reflexión e defensa do traballo realizado así coma a capacidade de expresión escrita (os erros gramaticais e ortográficos valoraranse negativamente) e/ou oral (comunicación verbal e non verbal de acordo ao foro). 30
Mixed objective/subjective test A6 A7 A8 A13 A15 A20 A24 A29 B3 B24 Valorarase, ademais dos coñecementos adquiridos, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos) e a integración e aplicación de conceptos/procedementos na práctica da profesión. 35
 
Assessment comments

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no artigo 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE nº 224 de 18 de setembro de 2003), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso, 5-6.9=Aprobado, 7-8.9=Notable, 9-10=Sobresaliente/Matrícula de honra (Graciable).

Para aprobar a materia, cada estudante debe participar activamente en todas as metodoloxías propostas, entregar todos os traballos solicitados e ter superadas cada unha das metodoloxías que conforman o proceso de avaliación da materia. Ademais, será necesario ter unha cualificación mínima de 1.75 (sobre 3.5) puntos na Proba mixta, e só serán tidas en conta para a cualificación final as notas das outras metodoloxías, se a/o alumna/o acada a devandita puntuación na Proba mixta. En caso contrario, a nota da convocatoria corresponderase coa nota obtida na Proba mixta. As notas obtidas no resto de metodoloxías serán tidas en conta para a súa cualificación na segunda oportunidade (xullo), no caso de telas aprobadas e superada a Proba mixta. 

Valorarase a puntualidade e a asistencia obrigatoria a todas as horas presenciais das metodoloxías que computan para a avaliación da materia. Só se considerarán ausencias xustificadas as relacionadas coa atención sanitaria ou causa de forza maior. En todo caso, debe xustificarse a ausencia documentalmente.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria (febreiro) pola ausencia non xustificada nas Prácticas de laboratorio, non se poderá superar a materia na segunda oportunidade (xullo), e a/o estudante terase que presentar na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificadas por última vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo do alumnado de grao na Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012), cando un(ha) estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4 (apartado 5) da devandita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de avaliación da/o estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude da devandita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da Comisión académica do Grao en Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes