Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no Adulto con Discapacidade Física
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Procesos de Terapia Ocupacional/653G01204
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia/653G01207
Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional/653G01208
Estancias Prácticas II/653G01210
Estancias Prácticas III/653G01211

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Rehabilitación no Adulto con Discapacidade Física/653G01302
Estancias Prácticas IV/653G01304

Materias que continúan o temario
Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal no adulto con Disfunción na Saúde Mental/653G01306
Estancias Prácticas V/653G01307

Observacións

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen na materia:

a. - Na súa maioría, solicitaranse en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

  • Non se empregarán plásticos.
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Utilizarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou noutros aspectos da materia, os cales serán notificados ao alumnado coa suficiente antelación.

3.- Durante o período da materia no primeiro cuadrimestre, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderanse programar seminarios ou obradoiros para afondar en certos contidos e técnicas específicas que complementen o desenvolvemento da materia.

4.- Aplicarase a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un(ha) estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes