1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "III Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2018-2020)", os traballos documentais que se realicen na materia: a. - Na súa maioría,
solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en
papel: - Non se empregarán
plásticos.
- Realizaranse
impresións a dobre cara.
- Utilizarase papel
reciclado.
- Evitarase a
impresión de borradores.
2.- O profesor responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na
avaliación ou noutros aspectos da materia, os cales serán notificados ao alumnado coa
suficiente antelación. 3.- Durante o período da
materia no primeiro cuadrimestre, e sen que supoña unha alteración na
asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderanse programar seminarios ou obradoiros para afondar en certos contidos e
técnicas específicas que complementen o desenvolvemento da materia.
4.- Aplicarase a correspondente normativa da Universidade da Coruña ante a detección de calquera tentativa de
plaxio motivada por un(ha) estudante da materia no desenvolvemento dos seus
traballos. |